Deixounos Carlos Álvarez, propietario da taberna Eligio

O propietario da taberna Eligio, en Vigo, faleceu o pasado venres, 11 de agosto, Tiña 73 anos. Pechada en 2015, a taberna Eligio seguiu sendo un lugar de reunión de amigos. Alí Carlos, sempre entrañable, discreto e xeneroso, continuaba recibindo, á hora do aperitivo, aos amigos e amigas para compartir un viño e algo de comer e sobre todo, compartir conversas cheas de intelixencia e anécdotas, co mesmo sentido da discreción que na época dourada do Elixio, nos anos sesenta e setenta, cando era frecuentado por Lugrís, Laxeiro, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Castroviejo, Lodeiro, Blancoamor, Maside e tantos outros.

O último viño que compartimos con el, foi o pasado mes de xuño, despois dunha reunión na Fundación Laxeiro. Alí dirixímonos Carlos García-Suárez, Xosé María Barreiro, Antón Pulido, Román Pereiro e Javier Pérez Buján e alí compartimos con Carlos e a súa dona, viño, conversa e algo de picar.

Na Fundación Laxeiro sumámonos á dor pola súa perda e queremos transmitir todo o noso apoio á súa familia.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo