Producción: Fundación Laxeiro
Patrocinado por:
IGAEM
Dirección Xeral de Creación e difusión cultural. Xunta de Galicia
S.A. de Xestión Xacobeo
3 de maio, 19.00 h. Concerto inaugural. Fundación Laxeiro
4 e 5 de maio. 20.00 h. Marco, Museo de arte conteporánea de Vigo
Entrada gratuita.
UN POUCO DE HISTORIA
Cando en 2001, na Fundación Laxeiro decidimos extender o compromiso cos creadores emerxentes ó ámbito da música contemporánea, éramos conscentes do interese cultural da iniciativa, como así se demostrou durante as edicións posteriores. O que se empezou chamando Festival internacional de música contemporánea Enrique X. Macías, e máis tarde Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro, convertiuse nestes anos na única cita estable en Galicia para a música contemporánea.
Esta iniciativa recollía o testamuño doutros proxectos que tiveran o seu eco a finais dos anos oitenta e a principios dos anos noventa, primeiro baixo o nome de Xornadas de música contemporánea, auspiciadas pola Universidade de Santiago e, máis tarde desde o Taller de música do Centro galego de arte contemporánea (CGAC).
Galica, por tanto, non era allea a este tipo de iniciativas que sempre contaron cun público moi fiel, apoiando este tipo de eventos coa súa asistencia ós diferentes concertos.
COMPOSITORES
Manuel Rodeiro estivo sempre vinculado a estes eventos, como compositor nas Xornadas da Universidade de Santiago de Compostela; como responsable do Taller de música do CGAC e, máis recentemente, como Director artístico do Festival organizado pola Fundación Laxeiro. Este festival nas súas catro edicións, amosou o panorama dos compositores do Estado español, moitas veces con estreas absolutas, poidendo contar con nomes tan significativos como: José Manuel López, César Camarero, Polo Vallejo, David del Puerto, Santiago Lanchares, Jacobo Durán Loriga, Juan Carlos Martínez Fontana, Jesús Torres, Jesús Rueda, Jep Nuix, Agustí Charles, Joan Riera, Manuel Ribera, Gabriel Erkoreka, Eduard Resina, Luis de Pablo e os galegos, Enrique X. Macías, Manuel Rodeiro, Antón Pulido, Jesús González, Gloria Rodríguez, Eduardo Soutullo, Fran Pérez, Javier Arias Bal, Xan Viaño, Manuel Balboa e Rogelio Groba.
O Festival combinou nas súas catro edicións, estes nomes con obras de compositores fundamentais na música do século XX, como aconteceu con Igor Stravinsky, Scelsi, Ligeti, Boulez, Grisey, Murail, Sciarrino, Turina, Nunes, Zimmermann, Xenakis e Strauch; completando así unha visión da música contemporánea que fixo convivir ó século XX co sécuo XXI.
INTÉRPRETES
Conscentes da dificultade que esta música ás veces ten para o público non iniciado, un dos acertos do proxecto foi o de contar sempre con intérpretes comprometidos coa música contemporánea, posibilitanto en moitas ocasións, o traballo en colaboración cos autores das obras a interpretar. Así, pasaron polo festival intérpretes excepcionais, ás veces cunha recoñecida traxectoria, como aconteceu co violoncelista Pierre Strauch, membro do Ensemble intercontemporain de Pierre Boulez; o percusionista Miquel Bernat, unha das figuras mundiais en percusión contemporánea; o pianista Ananda Sukarlan, con quen voltaremos a contar este ano; o Trío Arbós ou o Ensemble Siglo XXI. Os músicos galegos tamén estiveron representados con convidados como Felipe González Agel, Marcos Escobar, Carmen Gurriarán, etc. Propiciando un eficaz diálogo entre músicos de longa traxectoria e intérpretes máis novos, cun grande interese na música do noso tempo.
DA VISIÓN PANORÁMICA DUN FESTIVAL Ó ENFOQUE MONOGRÁFICO DUN CICLO
Este ano, por primeira vez, propoñemos un cambio na estrutura e, mesmo no enfoque do proxecto. Conscentes de que xa tiñamos amosado o máis interesante da panorámica española, pensamos que, a partires de agora, sería moito máis interesante traballar na profundización do pensamento musical dun autor vivo e, enfocar o evento como un traballo de continuidade que, en cada edición sexa adicado a un compositor concreto.
Quixemos empezar co que, probablemente é o compositor galego vivo cunha maior proxección internacional, Manuel Rodeiro, quen ó xeito dunha exposición individual, exporá o máis interesante da súa producción e contará o porqué das súas influencias.
O AUTOR EXPLICA A SÚA OBRA: UNHA NOVEDADE SEN PRECEDENTES EN GALICIA
Os concertos terán un formato inusual, xa que neles, de xeito totalmente integrado no espectáculo, ademais de poder disfrutar da música en directo, o autor, Manuel Rodeiro; o musicólogo Bienvenido Arana e o Director de orquestra e compositor Manel Ribera; introducirán comentarios desde diferentes enfoques, contribuíndo así á comprensión do pensmento musical do compositor convidado e, mesmo, ofrecéndose, unha vez rematado cada concerto, a intercambiar experiencias e cuestións relacionadas coa composición musical, propiciando un achegamento dinámico e participativo que facilitará a comprensión da obra musical e o xeito de compoñer.
PROGRAMA
Así, o primeiro día, poderemos disfrutar na Fundación Laxeiro dunha breve presentación que contextualizará o ciclo, acompañado das actuacións da soprano Carmen Gurriarán e o clarinetista Felipe González, rematando cunha actuación da coreógrafa Meritxell Peiret, todo isto no contexto da exposición Reflexo de superficies da artista plástica Mar Vicente.
O segundo día, no salón de actos do MARCO, Museo de arte contemporánea de Vigo, poderemos disfrutar dun concerto monográfico con obras de Manuel Rodeiro para piano, percusión, viola, clarinete e voz, con comentarios do propio artista, para rematar, xa o sábado, día 5 de maio, coa integral para piano de Ligeti, un dos compositores de referencia de Manuel Rodeiro, a cargo do pianista indonesio Ananda Sukarlan.
UN TRABALLO EN CONTINUIDADE
O ciclo non rematará o día 5 de maio, senon que durante os vindeiros meses, traballaremos a reo para, no último trimestre do ano, presentar a modo de conclusión, unha publicación na que diversos autores e críticos darán unha visión analítica da música de Manuel Rodeiro, que se poderá escoitar ademais no CD que pretendemos editar conxuntamente coa publicación escrita.
É así como entendemos que se pecha o ciclo, cunha aportación bibliográfica e discográfica que deixará constancia do traballo desenvolvido, aportando así á nosa cultura contemporánea, unha referencia útil para afeccioados e estudosos.
Esta iniciativa da Fundación Laxeiro está apoiada pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural, o Concello de Vigo, o IGAEM e o Xacobeo, entidades que lle darán continuidade ó proxecto en futuras edicións.
MANUEL RODEIRO
Manuel Rodeiro (1965). S. Xoán de Vilanova (Miño). A Coruña. Compositor. Comeza os seus estudos musicais en 1980 co trombonista Jaime Ares, de quen recibíu unha sólida formación en solfeo e linguaxe musical. Co mesmo mestre estudou a trompeta, e de forma autodidacta a percusión. Logo de participar en numerosos cursos de verán e encontros de composición, asiste de regularmente ós seminarios impartidos por Emmanuel Nunes na Fundaçao Gulbenkian de Lisboa durante os anos 1987 e 1988 con quen estuda analise musical e composición. De 1989 a 1991 principia en Madrid o estudo sistemático da composición con Francisco Guerrero, de quen chegaría a ser asistente persoal. En 1989 o formidable éxito da estrea de Trío de cuerda (a la memoria de Cruz) no Teatro Principal de Santiago de Compostela constituú o detonante de toda unha serie de presencias continuas nos principais festivais e institucións do Estado. Recibe encargas sucesivas da Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Centro Dramático Galego, Centro para la Difusión de la Música Contemporánea, Conservatorio Superior de Música de Madrid, I Jornadas Nacionales de Arpa, VIII Festival Internacional de Música Contemporánea de Alicante, XV Ciclo de Cámara y Polifonía del INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y la Música), Orquesta y Coro Nacionales de España (peza encargada para a inauguración dos actos do Xacobeo 93), Centro Galego de Arte Contemporánea (para a inauguración oficial), Canal+ España, Centro Cultural Torrente Ballester, Fundación Laxeiro, Real Filharmonía de Galicia, etc.
En 1993 regresa a Galicia, onde funda e dirixe o Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea, que se constitúe a nivel internacional como a máis importante referencia da música contemporánea en España. Alí impulsa o Laboratorio de Creación Musical -para o desenvolvemento de propostas artísticas baseadas nas aplicacións tecnolóxicas- e o Ensemble CGAC, xunto ó director de orquesrta francés Pierre-André Valade. O Ensemble integrado por xóvenes solistas como David Quiggle (viola), Ananda Sukarlan (piano) ou Miquel Bernat (percusión), xunto á presencia continua doutros consagrados como Anssi Karttunen (violoncello) ou Kari Krikku (clarinete) marcou en España un nivel en calidade interpretativa inda non superado. Manuel Rodeiro dirixiu tamén outros festivais como as Xornadas de Música Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e o Festival Internacional de Música Contemporánea, primeiro chamado Enrique X. Macías e máis tarde, Fundación Laxeiro, en Vigo.
O seu labor no eido da pedagoxía e a difusión musical atópase ligada a algunhas das máis importantes iniciativas na difusión da música contemporánea en España. Impartíu numerosos cursos e conferencias (Centro para la Difusión de la Música Contemporánea del Ministerio de Cultura, no IV e X Encuentro Internacional de Composición Musical de Valencia, invitado polo Instituto Valenciano de Artes Escénicas, Cinematografía y Música, a Universidade de Santiago de Compostela, Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, etc.). Na actualidade é profesor no Departamento de Teoría e Composición da Escola Superior de Música de Cataluña.
Complementariamente desenvolveu unha ampla actividade no dominio da crítica e a escritura: crítico musical do diario El Correo Gallego (1988 / 89), responsable da sección de música contemporánea da revista Scherzo (1990 / 93). Entre as súas publicacións destacan: Poética Electrónica (Panorama de las músicas electroacústicas (1945 – 1995) e Luigi Nono, caminante ejemplar, ambas dentro da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea. Recentemente finalizou a traducción e edición do importante tratado The Study of Orchestration de Samuel Adler para a editorial Idea Books.
O labor de Manuel Rodeiro atópase implicado prácticamente en casi calquiera aspecto relacionado coa música actual. Mención especial merece a súa producción audiovisual para teatro, o video e o cine onde destacan: O Mariscal o Xelmirez dentro do grupo de obras realizadas para o Centro Dramático Galego, o video A Pedra, no marco da producción de Canal+ Seis Olladas creada especialmente para a conmemoración da Capitalidade Europea de Santiago de Compostela, a banda sonora do film Santa Liberdade de Margarita Ledo e as orquestracións para os proxectos audiovisuais DeSolSons do Grupo Berrogüetto ou Canción das Árbores Danzantes de Narf co gallo da cerimonia de investidura do Presidente da Xunta de Galicia. Na actualidade traballa no remate das óperas Finlandia, ab origene e Die blaue Blume
PROGRAMA
3 DE MAIO DE 2007. 18. 00 HORAS. Fundación Laxeiro
CONCERTO INAUGURAL Interveñen:
Javier P. Buján director F. Laxeiro
Bienvenido Arana musicólogo
Manel Rivera compositor
Manuel Rodeiro compositor
PROGRAMA MULTIMEDIA
Obras de GYÖRGY LIGETI e MANUEL RODEIRO
Ensemble Instrumental
Meritxell Peiret coreografía e danza
4 DE MAIO DE 2007. 20.00 horas. MARCO. Museo de Arte Contemporánea de Vigo
CONCERTO COMENTADO
Interveñen:
Bienvenido Arana musicólogo
Manel Rivera compositor
Manuel Rodeiro compositor
MANUEL RODEIRO
Buíña, 1965
Roca del Canto, Piedra de la Alegría (2000)
Die blaue Blume (2001)
Luar (new) (1990)
Impromptu (2005) Urlied (2003)
Felipe Glez. Agell clarinete
Berta Fresco piano
Carme Garrigó percusión
Carmen Gurriarán soprano
5 DE MAIO DE 2007. 20.00 horas. MARCO. Museo de Arte Contemporánea de Vigo
CONCERTO COMENTADO
Interveñen:
Bienvenido Arana musicólogo
Manel Rivera compositor
Manuel Rodeiro compositor
PROGRAMA
GYÖRGY LIGETi
(1923-2006)
Musica Ricercata (1953)
6 Études (1985-94)
no. 8 Fèm
no. 7 Galamb Borong
no. 3 Touchées Bloques
no. 4 Fanfares
no. 2 Cordes Vides
no. 6 Automne à Varsovie
Ananda Sukarlan piano