Presentado o ciclo de conferencias “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega”

O pasado luns, 5 de novembro foi presentado o ciclo de conferencias titulado “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega. Orixe, contexto e transcendencia”. Un proxecto organizado pola Fundación Laxeiro en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

A artista Pilar Alonso presenta o libro La diva

O libro foi presentado na Fundación Laxeiro, o martes, 19 de xuño ás 20.00h. Na presentación proxectouse o vídeo do mesmo título, realizado por Oswaldo García e dirixido por Pilar Alonso.

Presentación do libro “Do Idilio á diáspora” de Carlos López Bernárdez

O mércores, 25 de abril de 2012, tivo lugar a presentación do libro titulado Do idilio á diáspora, modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, escrito por Carlos López Bernárdez. Unha novidade editorial de Nigra Trea na que se fai unha análise interesante, amena e rigorosa, da evolución da plástica galega dende os albores do século XX até os anos cincuenta e unha contextualización das linguaxes de renovación estética que, dende Galicia ofreceron a súa propia visión da contemporaneidade, nun período no que a axitación das vangardas internacionais mudaron a relación da arte co mundo.

ENSAIOS RADIOATIVOS. Unha performance de Márcio-André

o martes, 19 de abril, ás 20.00h. o artista multidisciplinar Márcio André presenta o seu libro titulado Ensaios Radioativos, nunha performance poética co mesmo título.

II Memorial Enrique X. Macías de Música Contemporánea

II edición do festival de música contemporánea, dedicado, nesta ocasión á música na época de Macías en Galicia, España e Europa. Destaca a actuación do celista Pierre Strauch, amigo de Macías e membro do Ensemble intercontamporain de Pierre Boulez.

Presentación do libro “María Muñoz Portal, su obra musical en Cuba” de Irene del Río

Irene del Río presentou o libro que recolle a interesante biografía desta musicóloga galega. O acto contou coa presenza de Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero

IV Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro

Na presente edición, o festival está adicado á música galega e catalana, ofrecendo un programa que o primeiro día incorpora a ópera, da man da Compañía Acteón, coa obra para soprano, contratenor e música electrónica titulada Fragor, do compositor catalán Eduard Rresina, sendo a primeira vez que se pode ver esta interesante montaxe en Galicia.

III Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro

O compositor galego afinacado en Madrid Javier Arias Bal, trae por priemeira vez a Galicia, o seu espectáculo multimedia que, baixo o nome MÚSICA OIKODYNÁMICA, reúne á xeración de compositores españois que,…

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo