NOITE BRANCA NA FUNDACIÓN LAXEIRO. Venres, 8 de agosto

A Fundación Laxeiro participa na Noite branca dos museos de Vigo, o vinediro venres, 8 de agosto coa actuación de NARF e a organización dunha visita guiada á colección permanente

2º día das Xornadas de Arte en acción

O día 11 de xuño continuaron as Xornadas sobre arte en acción, centradas nesa segunda sesión, na realización de exercicios prácticos e na realización de varias accións por parte das artistas Teresa Búa, Susana Robles e Sylvia Peceño.

Xornadas de arte de acción 1ª día

Sylvia Peceño fixo un interesante repaso pola historia da arte de acción, dende as vangardas ata a actualidade

O artista Antonio Nodar, leva o seu proxecto from portrait to self-portrait á Fundación Laxeiro

From portrait to self-portrait do artistas Antonio Nodar, recala en Galicia e a Fundación Laxeiro será unha das institucións colaboradoras

Xornadas Arte en acción. Aberta convocatoria. Prazas limitadas

Dirixidas a persoas interesadas na arte de acción, estas xornadas contarán cunha parte teórica, na que se repasará a historia da arte de acción e a performance, e unha parte práctica na que se recrearán algunhas das performances máis salientables da historia e se realizarán performances a cargo de Sylvia Peceño, Teresa Búa e Susana Robles

Día Internacional dos Museos

Lema 2014: Os vínculos creados polas coleccións dos museos
Actividades:
Proxección do vídeo Trasmundo, de Diego Santomé
Proxección das ilustracións de Federico Fernández, pertencentes ao libro As Aventuras de Laxeiro

O alumnado de pintura da EMAO visitou a Colección permanente de Laxeiro e a exposición de Arturo Souto

continúa o programa de visitas guiadas. Os pasados 29 e 30 de abril, recibimos aos alumnos e alumnas de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Xornadas: A arte ten xénero? Unha introdución sobre xénero e creación artística

Estas xornadas nacen da observación do estancamento en cuestións de xénero que se observa no mundo da creación e a programación artística. Cambiar esta situación implica unha transformación dos modelos estéticos e arquetipos culturais imperantes nos ámbitos creativos e de comunicación

Visitas guiadas á exposición Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia

Reserva data ! A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Oficina Municipal do Voluntariado, comeza as visitas guiadas á exposición temporal titulada Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia. Que se pode visitar ata o 28 de abril. Só tes que poñerte con contacto con nós e reservar data

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2019 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo