Os camiños de Laxeiro en Vigo

O pasado sábado, 21 de maio, o artista Xavier Magalhaes guiou unha ruta polos lugares vigueses vencellados con Laxeiro.

Monicreques na Fundación Laxeiro para público de 3 a 10 anos

Con motivo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos, a Fundación Laxeiro convida á rapazada de entre 3 e 10 anos, a un espectáculo de monicreques o martes, 17 de maio ás 12.30 do mediodía.

Trasmundo de Laxeiro no Museo Reina Sofía

Con motivo da reorganización da Colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a Fundación Laxeiro e o Concello de Vigo cederon temporalmen-te a emblemática obra de Laxeiro, titulada Trasmundo (1946) para ser incluida no novo proxecto expositivo.

Mar Vicente. Object and Painting

A artista Mar Vicente (Valadouro, Lugo, 1979) presenta esta publicación que recolle toda a súa traxectoria dende 2006 ata 2018 e que completa a primeira publicación, editada pola Fundación Laxeiro con motivo da Bolsa concedida en 2006 e que recollía toda a súa traxectoria ata aquel ano

portada de Alfa Omega

Presentación do libro “Alfa Omega / Anticristo Superstar” de Julián Rodríguez Novo

A Editorial Discursiva presenta o último libro de Julián Rodríguez Novo (Vigo, 1979), titulado Alfa Omega / Anticristo Superstar. O acto levarase a cabo na Fundación Laxeiro o 31 de maio ás 19.00h

o grupo Dadga ofrecerá un concerto ás 11.00h

11 de agosto. Noite branca. Concerto do grupo Dadga e exposición “Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa”

O vindeiro sábado, 11 de agosto, a Fundación Laxeiro sumarase á Noite branca, promovida pola concellería de Cultura do Concello Vigo que encherá os espazos culturais da cidade con numerosas actividades actividades dende as 18.00h ata as 02.00h.

Festival nun local. domingo, 18 de marzo, 12.30h: As historias do Kamishibai. Fundación Laxeiro. entrada libre ata completar aforo

A Fundación Laxeiro súmase este ano ao Festival nun local, ofrecendo as súas instalacións para a representación de Kamishibai, unha sorprendente técnica de teatro de papel en miniatura, procedente de Xapón, nun espectáculo pensado para toda a familia a cargo da compañía Juste Kamishibai, papel e teatro.

24 de febreiro, comida anual homenaxe a Laxeiro, entrega do Premio Laxeiro 2018

O 24 de febreiro celebrarase a comida anual homenaxe a Laxeiro á que se suma o Padroado da Fundación que leva o seu nome e na que, como ven sendo habitual, o Presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo, Abel Caballero, fará entrega do Premio Laxeiro 2018 a Xosé Luis Méndez Ferrín, como recoñecemento á súa traxectoria a prol da literatura e da cultura galegas.

Obradoiro: A arte do sexo, sexualidade, creación e xénero

Días 13, 15, 15 de novembro, de 18.15h a 20.45h. Inscrición gratuíta, prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/3139

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2025 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo