No chan, Ignacio Pérez-Jofre

O artista Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965) presenta a exposición individual titulada No chan, formada por obras sobre papel, realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.

Coodenadas Incertas. Colectivo AlNorte

O colectivo AlNorte presenta este proxecto, realizado expresamente para a Fundación Laxeiro, no que cada unha das artistas participantes propón unha reflexión poética, mediante a fotografía e o vídeo, acerca das referencias espaciais que nos sitúan nunhas coordenadas a partir das que nos situamos fisicamente no mundo.

Elisa Terroba. Tecer os referentes

Despois do éxito colleitado na última edición da Feira Estampa en Madrid, coa galería La Gran, a artista malagueña Elisa Terroba chega á Fundación Laxeiro para presentar a súa primeira exposición individual en Galicia.

primeiro pano da colección permannte

Unha nova lectura da Colección permanente

A Fundación Laxeiro presenta unha nova proposta expositiva da coñecida Colección permanente, que muda o percorrido cronolóxico das obras, por unha disposición máis intuitiva, que combina estilos, linguaxes, xéneros e cronoloxía, ademais de incorporar documentación relativa á traxectoria artística de Laxeiro, unha liña de vida e unha sinalética renovada en galego, castelán e inglés.

Son eu, 18 autorretratos de Laxeiro. Da afirmación á disolución do suxeito

Por primeira vez, reúnense nunha exposición a totalidade dos autorretratos de Laxeiro coñecidos ata a data. Dende os anos vinte ata finais dos anos oitenta un total de dezaoito pezas, realizadas en técnicas diversas que ilustran a evolución do artista e a interpretación da súa propia imaxe.

Carlos Maside e o debuxo satírico

CARLOS MASIDE E O DEBUXO SATÍRICO Escolma de viñetas na prensa

A Fundación Laxeiro presenta unha escolma de bosquexos e debuxos orixinais que Carlos Maside (Pontecesures, A Coruña, 1897 – Compostela, 1958) realizou como traballo preparatorio das viñetas que publicou no xornal El Pueblo Gallego, entre 1927 e 1936.

Faílde. Anatomía da pedra

A Fundación Laxeiro trae a Vigo a exposición do único escultor pertencente ao grupo de Os novos e o único escultor que participou con Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Pesqueira e Manuel Prego de Oliver na exposición titulada Artistas Gallegos, na galería Velázquez de Bos Aires, en 1951, organizada polo Centro Gallego de Bos Aires.

Francisco Curra-sen título

Francisco Curra. O abstracto e o concreto

FICHA TÉCNICA Título Francisco Curra. O abstracto e o concreto. Fotografías 1988-2005Comisariado Javier Pérez BujánTipo de obra FotografíaLugar Fundación Laxeiro. r/Policarpo Sanz, 15, 3º, VigoInauguración Venres, 5 de abril, 19.00hClausura Domingo, 9 de…

Laxeiro-Seoane, cruce de camiños. Debuxos 1930-1950

Un diálogo entre dous membros do grupo Os Novos da Vangarda Histórica Galega, a través de máis de cincuenta debuxos dos anos trinta e corenta.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo