Ficha técnica:
Belén Uriel. Full View
Edición: Fundación Laxeiro
Nºde ilustracións: 65 cuatricromía
Nº de páxinas: 113
Textos: Elena Vozmediano, María Bella
Idiomas: Galego, castelán, inglés
Medidas: 16,5 x 24 cm.
Encadernación en tapa dura forrada en tea
ISBN: 978-84-9337606-9-0
PVP: 25 €
amigos platino: 17 €
amigos ouro: 22 €
Belén Uriel foi a gañadora da Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística 2007 e expuxo o seu proxecto titulado Full view en 2008, Este catálogo, ademais de documentar aquela exposición, recolle, como é habitual nas publicacións dos gañadores das Bolsas Fundación Laxeiro á creación artística, todala produción anterior da artista, desde 2004 ata 2008, o que o converte nun libro de consulta imprescindible para os interesados no traballo de Belén Uriel. Editado cunha coidadísima factura na que a artista tomou parte en todo o proceso de realización, é en si mesmo unha obra de arte que ilustra a estética de Belén Uriel, unha artista multidisciplinar preocupada polos procesos de construción de ideas socialmente admitidas que ela cuestiona desmontando e reconstruindo a sintaxis da nosa sociedade conemporánea.