Amancio Prada. Premio Laxeiro 2016

Amancio Prada (Dehesas, León, en 1949) foi neno de coro cos salesianos en Cambados, vocalista de orquestina de pobo mentres facía o bacharelato no Bierzo, e estudante de ciencias empresariais aplicadas á agricultura en Valladolid. Con vinte anos marcha a París. Alí estuda Socioloxía na Sorbona e leva a cabo estudos de harmonía, composición e guitarra cos profesores Michel Puig e Silos Manso. En 1972, Tralo seu debut xunto a Georges Brassens no Theâthre Bobino de París, sucédense as actuacións, tanto en radio e televisión como en centros de emigrantes e en distintas universidades do país veciño. Alí edita o seu primeiro disco en 1974, Vida e morte.

 

Ao seu regreso a España en 1975 grava o seu segundo disco, dedicado a Rosalía de Castro, e fixa a súa residencia en Segovia para dedicarse por completo á composición. Froito desta etapa son Caravel de caravelesCántico espiritualCanciones de amor y celda e Lelia doura. Precisamente co Cántico espiritual de San Juan de la Cruz, en febreiro de 1982 da unha serie de catro concertos no Teatro Español e emprende a continuación unha xira polas principais universidades americanas. A finais dese mesmo ano volve cantar no Teatro Español xunto a Chicho Sánchez Ferlosio e Agustín García Calvo, a quen dedicará o seu seguinte álbum, Canciones y soliloquios, de 1983. Nos anos seguintes e trala súa presentación no Palau de la Música de Barcelona, no Piccolo Teatro de Milán e no Teatro del Odeón de París, grava De la mano del aire e Dulce vino de olvido.

 

A súa actuación no Teatro Real de Madrid no Primeiro Festival de Outono, non fai máis que confirmar as críticas unánimes que estivera recibindo ata ese momento. Nelas destácase de maneira especial o rigor do seu traballo, o insólito da súa orientación artística e, como escribira Edward Rothstein no New York Times, “a flexibilidade do seu timbre e a súa capacidade dramática en escena”. En 1986 estrea os Sonetos de amor oscuro de F. García Lorca no Teatro María Guerrero de Madrid, baixo a dirección escénica de Lluis Pasqual e prepara o seu seguinte álbum, A dama e o cabaleiro, de 1987, sobre a poesía neotrobadoresca de Álvaro Cunqueiro. Máis tarde, e en colaboración co escritor Manuel Vicent, compón as cancións do disco Navegando la noche.

 

En 1990 grava un álbum duplo titulado Trovadores, místicos y románticos, que presentou xunto co Cántico espiritual no IV Festival de Música Sacra de Maastricht e no Auditorio Nacional de Música, dentro do XIII Ciclo de Cámara e Polifonía. Iniciaba así unha xira de concertos que durante 1991 o levará a máis de oitenta cidades de España. En 1992, e en colaboración coa Compañía de Ballet de Luis Fuente, estrea un novo espectáculo: Canciones en Danza.

 

En 1994 edita Emboscados, un oratorio sobre un longo poema propio para dúas voces solistas e conxunto de cámara. En 1997 grava coa Real Filharmonía de GaliciaRosas a Rosalía, acompañado de Amelia Muge, Ginesa Ortega, María del Mar Bonet, Marisa Paredes, María Dolores Pradera, Martirio, Nuria Espert e as Pandereteiras de Baio. Este álbum é unha homenaxe renovada á poeta galega Rosalía de Castro, quen lle inspirara as súas primeiras cancións.

 

O disco 3 poetas no círculo (dedicado a Cunqueiro, Lorca e García Calvo) de 1998, é a súa primeira gravación en directo realizada durante os concertos celebrados en el Círculo de Bellas Artes de Madrid. O ano seguinte grava De mar e terra, un traballo de recompilación e recreación de coplas galegas de tradición oral, na mesma liña de Caravel de caraveles.

 

En 2001 grava Escrito está, con cancións de varios poetas contemporáneos.

No seu primeiro disco – libro, Canciones del alma, ademais dunha nova versión do Cántico espiritual coa Escolanía de Segovia, ofrece cinco novas cancións compostas tamén sobre poemas de San Juan de la CruzLlama de amor viva, Que bien sé yo la fonte, En una noche oscura, Vivo sin vivir en mí y Del verbo divino. Este disco conmemora los 25 años da primeira edición do Cántico espiritual e da súa estrea na Igrexa de San Juan de los Caballeros, en Segovia, o Sábado de Gloria de 1977.

 

En 2004 publica o seu segundo disco – libro titulado Sonetos y canciones de Federico García Lorca, unha compilación de tódolos seus temas inspirados na maxistral poesía de Lorca. En 2005 publica tres disco – libros: Hasta otro día, Chicho, editado por la Fundación Joaquín Díaz e dedicado ao seu amigo Chicho Sánchez Ferlosio; Rosalía siempre, co que visita de novo a obra de Rosalía de Castro, e Huellas de Salamanca, que recolle a gravación en directo do concerto celebrado no Teatro Liceo de Salamanca con motivo da conmemoración do 250 aniversario da súa Praza Maior.

 

En 2006 é invitado a participar nos actos conmemorativos do IV Centenario do Teatro Principal de Zamora e grava os dous recitais celebrados no devandito escenario que dan pé a un novo disco, Zamora, que contén tamén a intervención dos poetas Juan Carlos Mestre e Agustín García Calvo. O disco Concierto de amor vivo é froito do recital celebrado na Igrexa dos Jerónimos de Madrid o 8 de xuño de 2005, acompañado polas violonchelistas Mariana Cores e Hilary Fielding e pola Escolanía de Segovia. A continuación traballa na tradución de cancións de Léo Ferré e en 2007 dedícalle o seu seguinte disco-libro, Vida de artista.

 

Durante o ano 2010 publica tres libros-disco e un CD. Las Coplas a la muerte de su padre, Jorge Manrique, coa Editorial Casariego, cuxo libro ademais contén as Coplas iluminadas con acuarelas e frotages de Juan Carlos Mestre e caligrafiadas por Pablo González. A editorial de poesía Vaso Roto publica tamén en formato libro-disco dúas obras clásicas no repertorio de Amancio Prada, revisadas e remasterizadas: Emboscados e Cántico espiritual y otras canciones de San Juan de la Cruz, ambas edicións levan impresa a partitura musical, un glosario literario e gráfico de Juan Carlos Mestre no caso de Emboscados, e un prólogo da poeta Gemma Gorga e ilustracións de Víctor Ramírez no Cántico. Finalmente e co motivo do 1.100 Aniversario do Reino de León, compón a música dunha selección de cancións e romances medievais que reúne nun novo disco baixo o título Del amor que quita el sueño.

 

A comezos de 2011, Amancio Prada é convidado por José Luis Gómez para estrear no Teatro de La Abadía as Coplas de Jorge Manrique a la muerte de su padre. Este recital ofrécese en alternancia co Cántico espiritual de San Juan de la Cruz, conformando un díptico fundamental da lírica española. Ambos espectáculos, con dirección escénica de Carlos Aladro, sucédense do 20 de xaneiro ao 6 de febreiro.

 

En abril de 2013 preséntase no Teatro Español de Madrid o espectáculo A Rosalía de Federico, un diálogo escénico entre Amancio Prada e dúas das voces máis esenciais e conmovedoras da poesía española: Federico García Lorca e Rosalía de Castro. Trátase dun recital no que se estrean as súas novas composicións sobre os Seis Poemas Gallegos de Lorca e a Salutación elexíaca a Rosalía de Castro, a partir dunha idea orixinal de José Luis Gómez, con itinerario poético de Juan Carlos Mestre, espazo escénico de Marco Herreros, iluminación de Carlos Marquerie e dirección de Carlos Aladro.

 

En xuño estrea no Instituto Cervantes de Nova York o recital monográfico Canciones, Sonetos y Gacelas de Federico García Lorca e en outubro de 2013 edita un novo disco – libro dedicado ao poeta e filósofo zamorano Agustín García Calvo, cuxo título fai referencia a unha das súas cancións máis emblemáticas, Libre te quiero. Este novo álbum inclúe un DVD coa gravación do recital que deron Chicho Sánchez Ferlosio, Agustín e Amancio no Teatro Español de Madrid o 19 de novembro de 1982. Basilio Martín Patino elixiu a canción Libre te quiero como título e banda sonora da súa última película, un documental sobre o movemento 15-M.

 

En 2014 a editorial Vaso Roto edita o audio – libro Federico García Lorca, poeta en Galicia que recolle os seis poemas que Lorca escribiu en galego. Está ilustrado por Juan Carlos Mestre.

 

En 2015 edítase La voz descalza,  un libro – disco, con ilustracións de Juan Carlos Mestre,  que recolle nove cancións de Santa Teresa de Ávila. O 28 de marzo estréase en Ávila o concerto do mesmo título, dentro dos actos conmemorativos do V Centenario do nacemento de Santa Teresa de Jesús.  O 2 de outubro estréase no Teatro Monumental de Madrid  Canciones del alma: Cántico espiritual de san Juan de la Cruz e Teresa de Jesús, esposa de la canción, coa Orquesta y Coro de RTVE dirixidos por Fernando Velázquez.

Premios e distincións

 

Galleta de Oro Festival de la juventud, Alar del Rey, 1969

Galleta de Plata Festival de la juventud, Alar del Rey, 1970

I Premio Festival de Villancicos Nuevos, Pamplona, 1975

I Premio Festival de Villancicos Nuevos, Pamplona, 1976

Medalla Antena 3 Radio, 1982

Medalla COPE, 1986

Once Galegos de Hoxe, 1987

Premios Clínica San Francisco, XXVIII aniversario, 1987

Medalla IV Centenario de San Juan de la Cruz, 1991

Medalla Castelao, Xunta de Galicia, 1995

Socio de Honor del Instituto de Estudios Bercianos

Socio de Honor del Centro Gallego de Córdoba

Disco Ideal, 1997, por Rosas a Rosalía

Leonés del Año, 1999

Medalla de Oro del Círculo de Bellas Artes de Madrid, 2001

Premio Trovador, Festival de Alcañiz, 2002

Premio de las Artes Gil y Carrasco, Ponferrada, 2003

Castaña de Oro, 1ª Edición, 2004, de Prada a Tope

Premio Celanova Casa Dos Poetas, Fundación Curros Enríquez, Celanova, 2005

Premio Castilla y León de las Artes, 2005

Premio Xarmenta, 2006

Premio Micrófono de Oro, 2007

Gran Premio del Repertorio SACEM, 2008

Orden del Carriel Jericoano, 2010

Premio Tenco All’Operatore Culturale, 2010

Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes, 2010

Juglar de Fontiveros, 2014

Premio Laxeiro, 2016. Fundación Laxeiro

 

 

Discografía

 

Vida e morte (1974)

Rosalía de Castro (1975)

Caravel de caraveles (1976)

Lelia Doura (1980)

Cántico espiritual (1977)

Canciones de amor y celda (1979)

Canciones y soliloquios (1983)

De la mano del aire (1984)

Dulce vino de olvido (1985)

Sonetos del amor oscuro (1986)

Canta a Galicia (1986)

A dama e o cabaleiro (1987)

Navegando la noche (1988)

Trovadores, místicos y románticos (1990)

Cántico espiritual (1991

Emboscados (1994)

Rosas a Rosalía (1997)

Tres poetas en el círculo (1998)

Cántico espiritual (1998, Edición internacional)

De mar e terra (1999)

Escrito está (2001)

Canciones del alma (2002)

Sonetos y canciones de Federico García Lorca (2004)

Hasta otro día, Chicho (2005)

Rosalía siempre (2005)

Huellas de Salamanca (2005)

Zamora (2006)

Concierto de amor vivo (2007)

Vida de artista (canciones de Léo Ferré) (2007)

Coplas a la muerte de su padre. Jorge Manrique (2010)

Del amor que quita el sueño (2010)

Cántico Espiritual  (2010)

Emboscados (2010)

Libre te quiero (canciones de Agustín García Calvo) (2013)

Federico García Lorca, poeta en Galicia (2014)

La voz descalza (2015)

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo