Álvaro Negro

30.04.2004 – 18.07.2004
Sala B. Fundación Laxeiro 
Comisario: Javier Pérez Buján

O que se pode ver na Fundación Laxeiro é un bo exemplo do estado actual da evolución de Álvaro Negro (Lalín, Pontevedra, 1973): dúas vídeoproxeccións e dúas caixas de luz nas que o artista toca de cheo a temática da luz e o seu comportamento temporal e espacial, propoñendo unha reflexión sobre a súa relación, tanto no proceso de creación da obra, como no proceso de observación da mesma. Negro recréase na evolución da luz solar ó longo do  tempo, ou máis exactamente, como dí Ramón Esparza no catálogo, da duración no sentido bergsoniano,  creando un espacio sutil que se move nos límites entre a narración e a presentación, convertindo ó motivo ou escea, en coartada para detenerse no placer da contemplación da luz mesma, que pasa así a ser o obxecto central da obra.

Podemos destacar a inqudanza de Álvaro Negro por alonxarse da concepción temporal da linguaxe cinematográfica, expresada nestas pezas con recursos como a reversión da secuencia, o que produce unha extraneza no espectador, ó comprobar que a evolución das esceas non seguen un comportamento rexistrado tantas veces na nosa memoria visual, senón que, o movemento invírtese, intensificando o énfasis na contemplación pura do cambio da aparencia dos obxectos, esta vez, sen unha correspondencia “cifrada” ou “predecible” pola nosa propia memoria visual.

A evolución de Álvaro Negro, desde a pintura cara á imaxe fotográfica e o vídeo, ten descorrido por camiños bastante naturais, no sentido de que a súa chegada ás novas tecnoloxías, é a consecuencia da súa constante preocupación polo tratamento do fenómeno lumínico, desde a tradición occidental do claroscuro, hasta a cultura visual contemporánea.

Desde as súas primeiras exposicións, a finais dos anos noventa, Álvaro Negro foi explorando o “feito visual” nas súas diferentes maniferstacións plásticas, ampliando as súas inquedanzas pictóricas para, case coincidindo co cambio de século, convivir con outras técnicas como a fotografía e o video, soportes que lle permiten desenvolver o aspecto do seu discurso que ten que ver máis coa luz que coa cor.

Álvaro Negro é un dos artistas máis representativos da nova xeneración de creadores en Galicia. Habitual participante en feiras como Arco, se deu a coñecer en 1999 coas súas primeiras exposicións individuais na Galería Rayuela de Madrid e en na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela para, xa nos anos 99 e 2000, facer unha primeira inflexión nas súas preocupacións estéticas, presentando as series Luzpin (Galería Marisa Marimón, Ourense) e Luzpincolour (Museo Ramón Mª Aller, Lalín, Pontevedra), nas que o artista comezaba xa a cuestionarse os mecanismos tradicionais da producción pictórica, para comezar a experimentar coa imaxe xerada dixitalmente e, en 2001, dentro do ciclo Miradas Virxes no Centro Torrente Ballester de Ferrol, centrar a súa preocupación no espacio arquitectónico e a súa interrelación coa obra de arte, desembocando, máis recentemente, xa en 2002 na presentación na Galería Fúcares de Almagro, Ciudad Real, na experiencia fotográfica presentada en interralación con obras pictóricas.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo