Acción Laxeiro. Un proxecto de Xurxo Lobato

FICHA TÉCNICA

Título:                         Acción Laxeiro

Artistas:                     Laxeiro – Xurxo Lobaro  

Tipo de obra:            pintura e fotografía

Comisariado:            Xurxo Lobato

Inauguración:           martes, 28 de febreiro, 11.30h

Clausura:                   domingo, 2 de abril

Lugar:                        Fundación Laxeiro. Rúa Policarpo Sanz, 15, 31, Vigo

Produción:                Xunta de Galicia, Real Academia Galega de Belas Artes

A Fundación Laxeiro remata o Ano Laxeiro con esta exposición que documenta a acción que Laxeiro levou a cabo, en 1987, na compostelá Galería Trinta, na que, o día da inauguración dunha exposición súa, pintou en directo a obra titulada Aparición, un magnífico óleo sobre tea de 176 x 146 cm.

Acción Laxeiro lembra aquela feliz inauguración incluíndo a devandita obra, pintada por Laxeiro en directo, e numerosas fotografías de Xurxo Lobato que documentan os encontros que o fotógrafo tivo co pintor, estruturada en tres series diferenciadas:

  • O proceso de realización da obra “Aparición” pintada en directo, diante do público asistente á inauguración, na galería Trinta en 1987.
  • No ano 1993 o fotógrafo retrata a Laxeiro pintando unha escaleira para publicar no libro “Galegos na escaleira” editado pola Fundación Caixa Galicia.
  • Retratos de Laxeiro con Uxío Novoneyra, Jorge Castillo, Maruxa Seoane, Felipe-Senén, Abelenda, e do pintor no seu estudio de Vigo.

A exposición foi presentada na sede da Real Academia Galega de Belas Artes, o 1 de abril de 2022, con motivo dos actos de celebración nos que se dedicou a Laxeiro o Día das Artes Galegas, do que xurdiu a proclamación do Ano Laxeiro por parte das institucións galegas.

Despois de viaxar por Ferrol, Lugo, Ourense, Lalín e Vilagarcía, a mostra remata a súa itinerancia en Vigo, na sede da Fundación que leva o seu nome, como colofón a un ano cheo de actividades dedicadas a Laxeiro.

O proxecto, comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato, académico da sección de Artes da Imaxe, está financiado pola Xunta de Galicia e producido pola Real Academia Galega de Belas Artes.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo