30º aniversario do pasamento de Laxeiro

A Fundación Laxeiro súmase aos actos de conmemoración do 30º aniversario do falecemento de Laxeiro, organizados polo Concello de Lalín o 21 de xullo.

Ás 12h porase unha cora de loureiro na escultura que representa a Laxeiro, realizada en granito polo canteiro O Vila e o gaiteiro Plácido Rozas interpretará a Muiñeira de Laxeiro

Ás 20h, no Museo Ramón María Aller, terá lugar a presentación da obra de Laxeiro titulada Belas Artes pra Galicia!, que acaba de ser doada ao Concello pola familia Santomé González de Lalín, e que pasa a formar parte da colección de obras de Laxeiro do Museo Municipal Ramón María Aller.

Por último, terá lugar o concerto titulado Écfrase, música para Laxeiro, do pianista e compositor Miguel Matamoro, quen interpretará unha serie de improvisacións, inspiradas en obras de Laxeiro pertencentes á Colección do Museo Ramón María Aller.

No acto participarán:

D.ª Begoña Blanco, concelleira de Cultura de
Lalín.

D. Alfonso Santomé, en representación da famila doante da
obra de Laxeiro.

D. Antón Castro, crítico, historiador e comisario de
exposicións.

D. Carlos García – Suárez, director xeral da
Fundación Laxeiro e secretario xeral do seu padroado, ademais de neto de
Laxeiro.

D. Manuel Quintana Martelo, presidente da RAGBA.

D. Jorge Cubela, deputado provincial de Cultura.

D. Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de
Galicia.

D. José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2026 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo