O venres, 25 de abril celebramos a primeira reunión de catalogación e expertización de obra do ano 2014.
Para catalogar obra de Laxeiro é imprescindible poder examinar a peza orixinal, polo que as persoas interesadas deben poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro no tlf: 986-43 84 75 (de luns a venres de 10.00h a 15.00h) ou no correo electrónico: info@laxeiro.es, para concretar a data e forma de entrega, ademais de facilitar os datos necesarios sobre a peza a examinar.
As obras realizadas sobre papel, deben ser entregadas sen marco, a fin de poder examinalas con tódalas garantías.
O servizo de catalogación é gratuíto e, para participar nel é preciso facer chegar as obras antes do día 23 de abril, para poder rexistralas e fotografalas con tempo e ser así incluídas na acta da reunión.
A Fundación Laxeiro expide certificados de autenticidade que teñen un prezo en función da técnica e o tamaño da obra.




