24 de febreiro, comida anual homenaxe a Laxeiro, entrega do Premio Laxeiro 2018

O Padroado da Fundación Laxeiro, na súa Reunión anual, celebrada o pasado 20 de decembro, acordou por aclamación outorgar o Premio Laxeiro 2018 ao escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, como recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura galega, na que, coas súas obras acadou un nivel de calidade excepcional.

Como é habitual, o acto de entrega do premio terá lugar na tradicional comida que todos os anos, as persoas achegadas a Laxeiro celebran no aniversario do seu nacemento, que este ano se celebrará o sábado, 24 de febreiro, no restaurante Puerta 98 de Vigo onde, antes de comezar a degustar o tradicional lacón con grelos, o Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero Alvarez, entregará o galardón a Xosé Luis Méndez Ferrín, pasando así a formar parte do selecto elenco de personalidades que, dende 2004, veñen recibindo este importante premio, como recoñecemento ao seu labor a prol da cultura galega.

A convocatoria é aberta e para asistir, as persoas interesadas só teñen que poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro para facer a súa reserva e tramitar o pagamento do cuberto, de 35€, e participar nun acto entrañable que cada ano, reúne a máis de cen persoas, pertencentes ao mundo da cultura, da empresa e da política galegas. Como o aforo é limitado, respectarase a orde de inscrición.

Foron Premio Laxeiro en edicións anteriores:

Francisco Fernández del Riego (2004)
Obra Social Caixanova (2005)
Xaime Isla Couto (2006)
Isaac Díaz Pardo (2007)
Carlos Oroza (2008)
Antón Lamazares (2009)
Xosé Neira Vilas (2010)
Carme Kruckenberg (2011)
Luis Mª. Caruncho (2012)
Jorge Castillo (2013)
Luz Pozo (2014)
Silverio Rivas (2015)
Amancio Prada (2016)
Jaime Garrido (2017)

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo