12.11.2001-16.11.2001
Produce: Fundación Laxeiro
Director: Ignacio Pérez-jofre Santesmases.
12-16 de outubro
Sala de conferencias Centro Cultural Caixanova
Patrocina: Caixanova
Dez conceptos para entender a arte contemporánea é unha iniciativa coa que a Fundación Laxeiro pretende acortar a distancia existente entre o gusto social xeralizado e as tendencias da arte actual.
Pensadas para un público xenérico non especializado, dez expertos do mundo da arte (profesores de Belas Artes, críticos, artistas e xestores) falarán de dez temas que, no seu conxunto, dan unha visión bastante completa das claves que poden facer “entendible” o, ás veces, mundo hermético da creación artística do noso tempo.
Dirixidas polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Ignacio Pérez – Jofre Santesmases, levaranse a cabo na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova durante a semana do 12 ó 16 de novembro a partires das catro da tarde, a razón de dous relatorios por día.
Dada a acollida do proxecto (preto dunha centena de matriculados) pensamos que conseguimos sintonizar cun públco que estaba demandando actividades destas características.
Fíxose un espacial esforzo por parte dos relatores para utilizar unha linguaxe sixela e coloquial, lonxe da xerga espeicalizada e afín co ton divulgativo das mesmas.
PROGRAMA
LUNS, 12
16.00. A abstracción xestual. Do surrealismo ó expresionismo abstracto. Pervivencia actual do xesto. Antón Castro. Crítico de arte e Profesor Titular de Historia da Arte, Universidade de Vigo.
18.15. A abstracción xeométrica. Orixes (Constructivismo, Cubismo, Bauhaus, De Stijl). Desenrrolo. O cambio de contidos do Minimal. Neo-Xeo e situación actual. Juan Fernando de Laiglesia, catedrático de Escultura da Facultad de Bellas Artes de Pontevedra.
MARTES, 13
16.00. A incorporación da materia e o obxecto. Collage e Assemblage.
A estratexia dadaísta, Neo Dada, Pop. O obxecto postmoderno.
Tomás Llorens, Director do Museo Thyssen-Bornemisza.
18.15. Orixes escultóricos, escenográficos e pictóricos da instalación. Desenrolo. Actualidade.
Ignacio Pérez-Jofre Santesmases. Profesor Titular de Pintura, Universidade de Vigo.
MÉRCORES, 14
16.00. Performance, Happening. O concepto de acción en arte. A obra procesual.
Juan Loeck, Profesor Titular de Escultura, Universidade de Vigo.
18.15. A idea como arte. Orixes, desenrolo e repercusión da Arte Conceptual.
Alberto Ruiz de Samaniego, Profesor Titular de Estética, Universidade de Vigo.
XOVES, 15
16.00. O uso dos medios audiovisuais.
Agustín Pérez Rubio, Crítico de arte e comisario independente.
18.15.Cuestionamiento e ruptura de límites entre xéneros artísticos.
Toño Barreiro, Profesor Titular de Pintura Universidad Miguel Hernánez, Altea, Alicante.
VENRES, 16
16.00. Ampliación dos límites da arte, e a súa intersección cos de outras actividades humanas.
Alberto González Alegre, Director da Fundación Luis Seoane.
18.15. O problema da autoría na arte contemporánea.
David Pérez. profesor Titular de Crítica de arte. Universidad Politécnica de Valencia.