Xornadas Arte en acción. Aberta convocatoria. Prazas limitadas

 

PROGRAMA

FOLLA DE INSCRICIÓN

 

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza estas xornadas de arte de acción, que combinan unha parte teórica, onde se fará un achegamento ao contexto histórico da performance, dende as súas orixes nas vangardas históricas, ata a actualidade, e unha parte práctica, coa realización de sinxelos exercicios de aproximación á linguaxe corporal, que partirán do xogo como premisa principal e se recrearán accións curtas de artistas coñecidos que hoxe en día son clásicos desta disciplina. As xornadas finalizarán coa participación de tres artistas, unha delas, a propia directora das xornadas, e dúas artistas convidadas:

SYLVIA PECEÑO é Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Castilla-La Mancha. Foi gañadora dunha bolsa na Universidad Autónoma del Estado de Morelos, Facultad de Artes, en México, onde residirá durante un ano. É a raíz desta experiencia cando comeza a interesarse polas desigualdades sociais que, dende entón, conformarán o eixo fundamental do seu traballo artístico. Actualmente reside en Pontevedra, onde cursa o Máster en Arte contemporánea. Investigación e Creación da Universidade de Vigo.

TERESA BÚA (Muxía, A Coruña, en 1991). Estudou Belas artes nas Universidades de Vigo, Kingston e a Politécnica de Valencia. Filla de fotógrafo, afeita a estar a un lado e  outro da cámara, cando comeza a desenvolver os seus propios traballos, atopa a súa posición como autora-suxeito e obra obxecto. A partir desa posición, a medio camiño entre a autoría e a obra, busca descubrir a(s) súa(s) identidade(s) a través de tódolo que afecta á súa experiencia.

SUSANA ROBLES. Natural de León, tras rematar a súa formación como arquitecta en Madrid, comeza a relacionarse coa arte contemporánea a través de cursos e seminarios que recibe, entre outros, de Paloma Calle, Itziar Okariz ou Alfredo Escapa. Na actualidade está cursando o Máster en Arte contemporánea. Investigación e Creación da Universidade de Vigo, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a través do que participou nun percorrido performático pola cidade de Pontevedra, dentro do programa Culturgal, Feira de industrias culturais, en 2013. Con intereses centrados fundamentalmente na música e no espazo, Susana Robles centra o seu traballo no xogo entre emotividade e racionalidade

Con este proxecto, a Fundación Laxeiro continúa coa súa colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, incidindo, neste caso, na investigación e a divulgación de aspectos que conforman a arte do noso tempo.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo