Xornadas: A arte ten xénero? Unha introdución sobre xénero e creación artística

Fundación Laxeiro.

4, 5 e 6 de novembro de 2013

Dirección: Dolores Ruiz

Coordinación: Ignacio Pérez – Jofre

Patrocina: Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza estas xornadas de introdución aos principais aspectos que relacionan xénero e creación artística.

 

Estas xornadas nacen da observación do estancamento en cuestións de xénero que se observa no mundo da creación e a programación artística. Cambiar esta situación implica unha transformación dos modelos estéticos e arquetipos culturais imperantes nos ámbitos creativos e de comunicación

 

As xornadas desenvolveranse na Fundación Laxeiro, os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 19.00h a 21.00 h e a inscrición é gratuíta. O público destinatario son creadoras e creadores en xeral, estudantes e profesorado de todos os ámbitos artísticos, programadores e xestores culturais e público en xeral, interesado na arte ou no xénero.

 

Están dirixidas por Dolores Ruiz, especialista en cuestións de xénero e políticas de igualdade. Dolores Ruiz é máster cum laude en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderazgo por a Universidade de Vigo; especialista en auditorías de igualdade de mulleres e homes por a Universidade Jaume I de Castelló; licenciada en Filoloxía Hispánica por a UNED e diplomada en Estudos Avanzados dentro do programa de doutoramento Literatura española e Teoría da literatura por a Universidade de Vigo.

 

Dolores Ruiz ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de cursos, talleres e xornadas sobre as relacións de xénero no mundo laboral, educativo e familiar, para diversas organizacións e na realización de diagnósticos e plans de igualdade de oportunidades para diferentes organizacións empresariais galegas. Impartiu numerosos talleres de educación sexual e prevención de violencia de xénero para alumnado da ESO, ademais de talleres para pais e nais de alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Tamén Ten realizado estudos socioeconómicos e plans de igualdade para diversas administracións locais en Galicia e coordinado talleres sobre igualdade para traballadoras e traballadores sociais da Xunta de Galicia.

 

Como creadora literaria foi gañadora dos premios Blanco Amor de novela en 2004; Barco de vapor en 1998 e finalista na IV Edición dos Premios de cuentos ilustrados, convocado por a Deputación de Badaxoz en 2002, ademais de impartir numerosos talleres de escritura e lectura en diversas bibliotecas de Galicia.

 

As xornadas están organizadas dentro das actuacións que a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo leva a cabo de xeito transversal en diferentes ámbitos sociais e, nesta ocasión, inscríbense dentro das actividades da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, cuxo coordinador é o profesor titular desta facultade e artista, Ignacio Pérez-Jofre Santesmases.

 

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo