Xa podes reserva-la tua plaza no Xantar Homenaxe a Laxeiro do 23-F

13.02.2011

Como ven sendo habitual se celebrará no Restaurante Puesto Piloto de Alcabre en Vigo o vindeiro 23 de febreiro. Podedes encontrar toda a información sobre o evento neste enlace.

O vindeiro día 23 de febreiro, Laxeiro cumpriría 103 anos e, como ven sendo habitual, o Padroado da Fundación Laxeiro súmase aos amigos, admiradores e colegas do Mestre no xantar que, no restaurante Puesto Piloto e ao redor dun lacón con grelos, nos reúne para lembrar a memoria de Laxeiro e compartir unhas horas de agradable compaña.

 

O Conelleiro de Cultura entrega o Laxeiro 2011

VIII PREMIO LAXEIRO

Na sobremesa, como xa é tradicional desde hai oito anos, faremos entrega do Laxeiro 2011 á persoa ou entidade destacada da nosa cultura que resulte elixida na Reunión do Padroado.

Numerosos amigos se reunen no cumpleanos de Laxeiro

RESERVAS

Este ano mudou a xerencia do restaurante Puesto Piloto e, para poder ofrecer o servizo e calidade que vos merecedes e poder manter o precio de 35€/Persoa do ano pasado, pedíunos que, altruistamente, lles fixeramos o favor de coordinar as reservas e o cobro das mesmas para que, o 19 de febreiro ao máis tardar, poidan saber exactamente cantas persoas asistirán. Por esta razón pregámosvos que, se estades interesad@s en asistir, os poñades en contacto coa Fundación Laxeiro antes do 19 de febreiro, indicando o nome de quen realiza a reserva e o número de comensais que van asistir con él, mediante as seguintes vías:

vista da sala do Puesto PIloto
Correo electrónico: info@laxeiro.es
Teléfono 986 43 84 75 (horario de 10,00 a 14,30h),
PAGAMENTO
Podes facelo de dúas formas según a túa preferencia:

•Ingreso en conta:
Titular: Fundación Laxeiro
Entidade: Novacaixagalicia
c.c.c: 2080 0000 71 0040268491 (indicando REF: 23-F seguido do nome)

•Cargo en conta. Para o que deberás indicarnos os teus datos bancarios. (nome, enderezo, ccc, etc.)

SORTEO DUN EXEMPLAR DO CATÁLOGO UNIVERSAL
Con cada reserva realizada, a Fundación Laxeiro entregará un resgardo numerado que dará a posibilidade de participar no sorteo dun exemplar do Catálogo Universal de Laxeiro que se efectuará despois de coñecer a persoa ou entidade galardoada co Laxeiro 2011.

Agardando podervos saudar persoalmente en tan entrañable data, aproveito a ocasión para enviarvos unha forte aperta.

Menú

Croqueteas de marsico
Empanada do día
Meixilóns á vinagreta e ao vapor
Chipiróns á grella con vinagreta de froitos secos
***
Lacón con grelos
***
Piña Laminada con xeado de nata
***
Café con orellas de entroido
***
Viños
Branco Albariño
Tinto Mencía e Rioxa crianza
Augas e refrescos

PVP por persoa: 35€, I.V.E incluido

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo