Wood Blood. Carme Chacón

10.11.2000 – 14.01.2001
Unha exposición dos últimos traballos desta artista pluridisciplinar

Despois da tempada de verán adicada íntegramente á obra de Laxeiro, a Fundación Laxeiro reanuda a súa programación de exposicións temporais cunha proposta-encarga da Fundación á artista Carmen Chacón, A Coruña, 1954.

Formada no campo das artes aplicadas, esta orixinal creadora non tarda en deixar a pintura para adentrarse en formas de expresión interdisciplinares, a medio camiño entre a instalación, a pintura e a escultura.

Nesta ocasión, proponnos a montaxe titulada WOOD BLOOD. Unha peza que, feita especialmente para o espacio da Fundación Laxeiro, invita a reflexionar sobre o impacto ambiental da actividade humana.

WOOD BLOOD é unha instalación formada por elementos naturais, como troncos de árbore seccionados e terra, que conviven con árbores de metal, imaxes da natureza en soporte fotográfico e pedras intervidas con pigmentos artificiais.

Con estes elementos Carmen Chacón crea un espacio no que, utilizando a metáfora como recurso expresivo, fálanos da capacidade da Terra para enxendrar vida malias agresións medioambientais do home. Mediante a presentación de estranas sementes, niños que despiden luz, raíces que medran no lindeiro dun barranco na procura de alimento, árbores metálicas que colgan do teito, coas raíces enzoufadas nunha lama de cor e textura inequívocamente industriais, Carmen Chacón fálanos a vida en condicións extremas, sempre trunfante, sempre saíndo adiante. O Eterno Retorno no que Eros, vence unha e outra vez á morte, a destrucción, nun fráxil equilibrio que o home pon en perigo reiteradamente.

WOOD BLOOD é un canto á vida. Temas como o necemento e a supervivencia son utilizados como homenaxe á Natureza e como chamada de atención ás consecuencias devastadoras do progreso industrial. WOOD BLOOD é, en definitiva, unha ollada crítica ó entorno do mundo industrializado. Unha invitación poética á reflexión sobre a relación do home coa natureza.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo