Visitas guiadas

As visitas guiadas son unha parte substancial das actividades da Fundación Laxeiro que, por medio do Grupo de Voluntariado, ofrece este servizo, tanto á Colección permanente, como ás diversas exposicións temporais que conforman a programación anual.

Para utilizar este servizo, só hai que reservar unha visita con 48 horas de antelación, poñéndose en contacto coa Fundación Laxeiro por teléfono o por correo electrónico. Este é un servizo gratuíto do que poden gozar, tanto o público usuario habitual da nosa oferta cultural, como persoas individuais ou grupos que, ocasionalmente, demanden este servizo. As visitas pódense dar en galego, castelán e inglés.

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo