Visitas guiadas á exposición Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia

Visitas guiadas

Un servizo gratuíto para o que só tes que poñerte en contacto e reservar data
Reservas: 986-43 84 75; fundacion@laxeiro.es
O Servizo de Voluntariado Cultural da Fundación Laxeiro é unha colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Oficina Municipal do  Voluntariado, comeza as visitas guiadas á exposición temporal titulada Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia. Que se pode visitar ata o 28 de abril.

Artistas participantes: Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano

Formada por obras de 15 artistas que habitualmente traballan coa ensamblaxe e o colaxe en Galicia, a exposición fai unha revisión desta disciplina en Galicia, nos últimos 15 anos, conformando unha proposta heteroxénea na que se poden ver obras netamente conceptuais, obras formalistas ou pezas narrativas, todas elas realizadas nun marco de hibridación de linguaxes e materiais que abranguen a instalación, a pintura, o debuxo e a escultura, sempre dentro dos parámetros da reutilización de materiais de orixe diversa, a patir dos que os quince artistas propoñen obras que, no seu conxunto, dota a exposición dun acusado eclecticismo.  Visitar a exposición cun guía que explica o proxecto e o universo creativo de cada un dos artistas, resulta moi ilustrativo á hora de abordar traballos tan diferentes que conflúen no proceso utilizado.

Servizo de visitas guiadas

Este é un servizo gratuíto permanentemente aberto pola Fundación Laxeiro para grupos que queiran participar, ben uníndose ás datas xa programadas ou propoñendo outras datas novas.

O pasado mércores, 27 de febreiro comezaron as visitas os alumnos e alumnas de pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo.

Hai catro datas programadas para o mes de marzo:

 Martes, 5 de marzo. 11.00h. Consello da Oficina Municipal do Voluntariado.

Venres, 7 de marzo. 18.45h. Membros do grupo de Voluntariado Municipal

Martes, 12 de marzo. 18.45h. Membros do grupo de Voluntariado Municipal

Venres, 15 de marzo. 18.30h. Banco do Tempo.

 

As persoas que queiran participar neste programa, deben poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro no teléfono: 986-43 84 75 (en horario de 10.00h a 14.00h)  ou na dirección electrónica: fundacion@laxeiro.es

 

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo