Unha conversa con Paulo Bruscky, por Jorge Blasco

Venres, 27 de outubro, 2017, 19.00h

Sala A. Fundación Laxeiro

Asistencia gratuíta baixo reserva en 986-43 84 75 (de 10.00h a 14.00h) e en: info@laxeiro.org

O artista conceptual brasileiro Paul Bruscky (Recife, 1949) ofrece unha conversa co comisario Jorge Blasco. Esta conversa ven propiciada polo obradoiro desenvuelto polo artista e o comisario na Fundación Luís Seoane, durante os días 24, 25 e 26 de outubro, co apoio da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) que, baixo o título Xeroperformance, ten como tema principal o establecemento de procesos creativos a partir de tecnoloxías xerográficas; a revisión do concepto de autoría e a experimentación no rexistro do movemento.

Con este fío condutor, Jorge Blasco desenvolverá unha conversa con Paulo Bruscky na que se fará tamén un percorrido pola súa axitada traxectoria artística como pioneiro da arte coneptual brasileira, ademais de incidir sobre a problemática de reproductibilidade da obra de arte e a utilización da metalinguaxe como ferramenta para a produción de manifestacións artísticas desmaterializadas e, por último, a súa traxectoria dentro do mevemento da arte  postal, no que Bruscky é unha referencia internacional.

 

 

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo