Transversais. Visións fronteirizas da nova fotografía

25.05.2001 – 15.07.2001
Salas A e B. Fundación Laxeiro
Producida polo CGAI
Comisario: Xosé Luis García Canido
Artistas:
Xoán Anleo, Vicente Blanco/Salvador Cidrás, Vari Caramés, Tono Carbajo, Carlos Nieto, Simón Pacheco, Alberto Varela Ferreiro, Manuel Vilariño

A exposición Transversais. Visións fronteirizas da fotografía en Galicia amosa máis de cincuenta obras de nove destacados artistas, que nos ofrecen unha dimensión inédita do que ven representando históricamente a fotografía en Galicia. A mostra recolle o máis importante dunha serie de prácticas emerxentes que nos conducen, con inéditas narrativas, cara un novo modo de aborda-la fotografía, asumindo outras linguaxes para incentiva-la súa mestizaxe. Así, os espectadores poderán coñecer cómo se mixturan, na actualidade, diversas linguaxes, disciplinas e temáticas distintas. Cada un dos artistas seleccioados levou a cabo un proceso de experimentación e de interferencias con outras prácticas artísticas, como a pintura, o video, a escultura ou as novas tecnoloxías.

A superación dos seus límites reflicte a profunda necesidade por trascender formas xa coñecidas a traveso dun continuo proceso de transformación que, como sabemos, deixou de evolucionar ata os nosos días. A todos eles, únelles o desexo de atopar un novo vocabulario que transforma a fotografía nun dos vehículos máis útiles á hora de construir un insólito imaxinario visual. En moitos casos, máis que unha finalidade, a fotografía constitúe un punto de partida desde donde principia-la obra. Noutros, de desembocadura. E, en todos, sempre é un traxecto de sentido doble, unha ponte fronteiriza que facilita as relacións entre opostos e que posibilita novas formas de comunicar, narrar, seducir, imaxinar e, en consecuencia, alteran as tradicionais tipoloxías do saber e do existir.

Con esta exposición, o CGAI e a Fundación Laxeiro queren incentiva-lo debate sobre a evolución da fotografía en Galicia. A discusión, lonxe de perxudicar o estatus desta, resulta positiva ó convertela no eixo central de moitas disquisicións sobre a creación contemporánea. De feito, ningún medio nin disciplina artística teñen coñecido o desenrolo que a fotografía está a manifestar en termos de experimentación. E esta evolución, curiosamente, non xurdíu tanto dun proceso interno senon pola transformación que se está xerando a partires do uso das relacións que dela levaron a cabo outras manifestacións artísticas.
Paralelamente á mostra, o CGAI edita un catálogo no que, además de todalas obras exhibidas, inclúense estudios críticos de Miguel Fernández-Cid (Director do Centro Galego de Arte Contemporánea) e Xosé Luis García Canido (Comisario da exposición), así como a traxectoria de cada un dos participantes.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo