Transversais, visións fronteirizas da fotografía en Galicia
Edición. CGAI. Xunta de Galicia
Textos: Fernández Cid, M.; García Canido, X.L.
Artistas: Xoán Anleo, Vari Caramés, Carlos Nieto, Simón Pacheco, Tono Carbajo, Vicente Blanco/Salvador Cidrás, Manuel Vilariño, Alberto Varela Ferreiro
Idiomas: galego e castelán
161 páxinas
87 ilustracións en cuatricromía
Medidas: 21 x 21 cm.
Encadernación en rústica
Depósito legal: C-1020-2001
PVP: 25 €
Amigos Platino: 22 €
Amigos Ouro: 17 €
Unha interesante publicación que, no principio do século XXI aborda as fronteiras expresivas entre a fotografía e outras expresións plásticas na arte contemporánea galega. Esta exposición foi programada na Fundación Laxeiro co comisariado de Xosé Luis García Canido e a produción do CGAI (Centro Galego de artes da imaxe). A publicación inclúe dous ensaios, un asinado polo, naquel tempo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Miguel Fernández Cid, e outro asinado polo comisario da mostra.