Translittera. Festival de novas linguaxes poéticas

invanv.

O venres, 2 de decembro, o festival TRANSLITTERA recalou en Vigo, na sede da Fundación Laxeiro para continuar co seu labor de transgresión literaria e apertura cara outros medios de expresión.

 

Patrocinado polo Consello da Cultura Galega, TRANSLITTERA  é unha experiencia que, a través de cinco Fundacións espalladas por toda Galicia, amosa unha panorámica bastante completa da creación poética galega máis contemporánea.

Artistas participantes en toda a itinerancia

Antón Lopo, Iván Prieto, Carlos Santiago, Pepe Sendón, Yolanda Castaño, Rafael Xaneiro, Estevo Creus, David Creus, María Lado, Lucía Aldao, Manolo Cortés, Cristina F, Lomarti, minus bálido, Ana Cibeira, Carlos Quiroga, Nela Que, Roi Fernández, Ig.,

Artistas participantes na Fundación Laxeiro

 Estevo e David Creus, Pepe Sendón, Cristina F., María Lado e Lucía Aldao, Rafael Xaneiro e Carlota F. Fraga,  Ana Cibeira

Realizaron intervencións poéticas nas que a palabra, a imaxe audiovisual, a performance e a festa, foron os protagonistas. Ademais de adentrarse en ámbitos da experimentación con linguaxes diversas, TRANSLITTERA busca unha intereacción co público, na procura de rachar coa fronteira existente entre creador e lector, adentrándose en parámetros relacionais que persiguen un feddback co que as devanditas accións completan o seu sentido comunicacional.

Colabouración entre cinco fundacións galegas

Este proxecto é froito da colaboración das seguintes fundacións: Fundación Eugenio Granell, Fundación Luis Seoane, Fundación Laxeiro, Fundación Wenceslao Fernández Florez e Fundación Otero Pedrayo e supón unha experiencia insterinstitucional que se pon ó servizo da anovación cultural, neste caso, literaria.

 

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo