"Os Novos" tag

Faílde. Anatomía da pedra

A Fundación Laxeiro trae a Vigo a exposición do único escultor pertencente ao grupo de Os novos e o único escultor que participou con Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Pesqueira e Manuel Prego de Oliver na exposición titulada Artistas Gallegos, na galería Velázquez de Bos Aires, en 1951, organizada polo Centro Gallego de Bos Aires.

Arturo Souto. Nove óleos sobre lenzo.

Arturo Souto é o protagonista da segunda achega do ciclo Os Novos, organizado pola Fundación Laxeiro

Premio Laxeiro 2007: Isaac Díaz Pardo

O histórico galeguista, artista plástico, deseñador, ensaísta, empresario e axitador cultural recebe o Premio Laxeiro 2007

Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro

Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.

Laxeiro, Catálogo Universal

Dirixido pola Fundación Laxeiro, este proxecto é a primeira catalogación universal que se fai dun artista galego. Froito de dez anos de investigación, consta dun total de 3.581 obras catalogadas de forma exhaustiva. A publicación consta de tres tomos, nos dous primeiros reprodúcense…

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo