Presentación do libro “La luz estremecida” de Pedro Burgos Montero
A editorial Discursiva presenta na Fundación Laxeiro a súa última publicación, un poemario titulado “La luz estremecida” con haikus de Pedro Burgos Montero e ilustracións de Amelia Palacios. A cita srá na Fundación Laxeiro, o venres, 29 de abril ás 20.00h
A artista Pilar Alonso presenta o libro La diva
O libro foi presentado na Fundación Laxeiro, o martes, 19 de xuño ás 20.00h. Na presentación proxectouse o vídeo do mesmo título, realizado por Oswaldo García e dirixido por Pilar Alonso.
Presentación do libro “Do Idilio á diáspora” de Carlos López Bernárdez
O mércores, 25 de abril de 2012, tivo lugar a presentación do libro titulado Do idilio á diáspora, modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, escrito por Carlos López Bernárdez. Unha novidade editorial de Nigra Trea na que se fai unha análise interesante, amena e rigorosa, da evolución da plástica galega dende os albores do século XX até os anos cincuenta e unha contextualización das linguaxes de renovación estética que, dende Galicia ofreceron a súa propia visión da contemporaneidade, nun período no que a axitación das vangardas internacionais mudaron a relación da arte co mundo.
Facer e deixar de facer
No contexto da liña de colaboración entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, este catálogo documenta a exposición programada na Fundación Laxeiro como resultado do traballo de investigación dun grupo de artistas (alumnos e profesores) da Facultade de BB. AA…
Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro
Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.
Os pasos perdidos
Dentro da liña de colaboración que a Fundación Laxeiro ten aberta coa Universiade de Vigo, esta publicación documenta o proxecto de investigación titulado Mapa psicoxeográfico do campus de Pontevedra, un proxecto no que os artistas, formados por profesores e alumnos da Facultade de BBAA…
Belén Uriel. Full View
Belén Uriel foi a gañadora da Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística 2007 e expuxo o seu proxecto titulado Full view en 2008, Este catálogo, ademais de documentar aquela exposición, recolle, como é habitual nas publicacións dos gañadores das Bolsas Fundación…
De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra
Unha interesante publicación que analiza as circunstancias culturais e históticas nas que se desenvolve a pintura galega de posguerra, tomando como fío condutor a figura de Laxeiro, desde a súa chegada a Vigo, en 1941 ata a súa marcha a Bos Aires en 1951.