"Laxeiro" tag

Laxeiro en tres tempos. Fundación Exponav, Ferrol

A obra de Laxeiro visita Ferrol da man da Fundación Laxeiro. A cita será o venres, 14 de xullo na Fundación Exponav. A mostra poderá visitarse ata o 10 de setembro.

Laxeiro en conversa. Un diálogo con artistas galegos contemporáneos

Afundación presenta este proxecto en colaboración coa Fundación Laxeiro no que se ofrece un diálogo múltiple entre a obra do Laxeiro máis experimental dos anos sesenta, coa obra de vinte e dous artistas galegos, pertencente ás coleccións Afundación, ABANCA, datadas a partir dos anos oitenta.

Laxeiro sobre papel

Como froito do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo durante todo o ano, este verán poderá visitarse unha exquisita exposición formada por trece pezas inéditas sobre papel, a maioría dos anos trinta.

Falece o escritor Xosé Neira Vilas, Premio Laxeiro 2010

Falece o escritor Xosé Neira Vilas, autor entre outros de Memorias dun neno labrego e Premio Laxeiro 2010

Carlos Oroza. In memoriam

O sábado, 21 de novembro faleceu o xenial poeta viveirense, aos 93 anos, deixando tras de si unha obra irrepetible na que a palabra falada foi sempre a protagonista da súa poesía

20 de febreiro. Xantar homenaxe a Laxeiro e Premio Laxeiro 2015

Este ano, por coincidir o día 23 de febreiro en luns, o tradicional xantar homenaxe a Laxeiro e o acto de entrega do Premio Laxeiro, celebraranse o venres, 20 de febreiro. Cuberto 35€ Reservas antes do 18 de febreiro en: Fundación Laxeiro. tlf: 986-43 84 75 info@laxeiro.es Agardámoste!

As aventuras de Laxeiro

Ficha técnica: As aventuras de Laxeiro (Libro para colorear) Texto: Javier Pérez Buján Ilustracións: Federico Fernández Idioma: galego nº de páx: 32 nº de ilustracións: 32 Encadernación: rústica Medidas: 20 x 20 cm….

O alumnado de pintura da EMAO visitou a Colección permanente de Laxeiro e a exposición de Arturo Souto

continúa o programa de visitas guiadas. Os pasados 29 e 30 de abril, recibimos aos alumnos e alumnas de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo