"Laxeiro" tag

Xa o fixo. Xabier Correa Corredoira rematou o seu diálogo pictórico con Laxeiro

Xabier Correa Corredoira cumpriu coa súa promesa. Realizou en dous días, o luns, 16 e o martes, 17 de outubro, a súa persoal versión do Trasmundo que Laxeiro pintara en 1946

Acción pictórica: Xabier Correa Corredoira interpreta a obra Trasmundo que Laxeiro pintara en 1946

Xabier Correa Corredoira dialogará con Laxeiro a través dunha acción pictórica na que interpretará o Trasmundo, unha das obras máis emblemáticas de Laxeiro, pintada en 1946.

Laxeiro en tres tempos. Fundación Exponav, Ferrol

A obra de Laxeiro visita Ferrol da man da Fundación Laxeiro. A cita será o venres, 14 de xullo na Fundación Exponav. A mostra poderá visitarse ata o 10 de setembro.

Laxeiro en conversa. Un diálogo con artistas galegos contemporáneos

Afundación presenta este proxecto en colaboración coa Fundación Laxeiro no que se ofrece un diálogo múltiple entre a obra do Laxeiro máis experimental dos anos sesenta, coa obra de vinte e dous artistas galegos, pertencente ás coleccións Afundación, ABANCA, datadas a partir dos anos oitenta.

Laxeiro sobre papel

Como froito do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo durante todo o ano, este verán poderá visitarse unha exquisita exposición formada por trece pezas inéditas sobre papel, a maioría dos anos trinta.

Falece o escritor Xosé Neira Vilas, Premio Laxeiro 2010

Falece o escritor Xosé Neira Vilas, autor entre outros de Memorias dun neno labrego e Premio Laxeiro 2010

Carlos Oroza. In memoriam

O sábado, 21 de novembro faleceu o xenial poeta viveirense, aos 93 anos, deixando tras de si unha obra irrepetible na que a palabra falada foi sempre a protagonista da súa poesía

20 de febreiro. Xantar homenaxe a Laxeiro e Premio Laxeiro 2015

Este ano, por coincidir o día 23 de febreiro en luns, o tradicional xantar homenaxe a Laxeiro e o acto de entrega do Premio Laxeiro, celebraranse o venres, 20 de febreiro. Cuberto 35€ Reservas antes do 18 de febreiro en: Fundación Laxeiro. tlf: 986-43 84 75 info@laxeiro.es Agardámoste!

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo