Festival nun local. domingo, 18 de marzo, 12.30h: As historias do Kamishibai. Fundación Laxeiro. entrada libre ata completar aforo
A Fundación Laxeiro súmase este ano ao Festival nun local, ofrecendo as súas instalacións para a representación de Kamishibai, unha sorprendente técnica de teatro de papel en miniatura, procedente de Xapón, nun espectáculo pensado para toda a familia a cargo da compañía Juste Kamishibai, papel e teatro.