Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro
Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.
O Laxeiro informalista na Coleccion Alcalde Varela
A Colección Alcalde-Varela é sen dúbida, a colección non institucional máis importante de obra de Laxeiro. Esta publicación recolle unha escolma de 47 pezas sobre papel e tea que abordan o aspecto informalista e máis experimental de Laxeiro.
Laxeiro en Buenos Aires
En 2006 a Fundación Laxeiro organizou unha exposición no Museo Nacional de Bellas Artes (MNBA) de Bos Aires. Un proxecto comisariado por Javier Pérez Buján que ofrecía unha visión do cambio que a cidade arxentina provocou na obra do pintor galego.
Laxeiro, un vanguardista de Vocación atlántica
Catálogo da exposición antolóxica realizada no Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) en 2003, principalmente con obras da Colección permanente da Fundación Laxeiro e achegas da Colección Novacaixagalicia, patrocinadora do proxecto ademais dalgunha peza de coleecións particulares.
Laxeiro, el carnaval de las formas
Esta publicación foi editada pola Fundación Laxeiro co motivo da exposición do mesmo nome, comisariada por Javier Pérez Buján, levada a cabo na sede do Instituto Cervantes en Lisboa, en el año 2003. Nel abórdase a faceta de Laxeiro máis experimental, localizada a partir da súa estadía en Bos Aires, no ano 1951.
Os Laxeiros de Lalín
Publicación que cataloga a obra de Laxeiro que compón a Colección permanente do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín. Un conxunto de 36 traballjos, a maioría sobre papel, que abarcan o período de 1930 a 1992 e que foron expostos de forma temporal na Fundación Laxeiro en 2000.
Colección Laxeiro
Editado polo Concello de Vigo con motivo da catalogación de toda a obra de Laxeiro de propiedade municipal, xérmolo do que actualmente é a Colección permanente da Fundación Laxeiro, a publicación conta con 73 imaxes de obra de Laxeiro magníficamente reproducidas a toda páxina…