"Javier Pérez Buján" tag

Presentación do libro “Do Idilio á diáspora” de Carlos López Bernárdez

O mércores, 25 de abril de 2012, tivo lugar a presentación do libro titulado Do idilio á diáspora, modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, escrito por Carlos López Bernárdez. Unha novidade editorial de Nigra Trea na que se fai unha análise interesante, amena e rigorosa, da evolución da plástica galega dende os albores do século XX até os anos cincuenta e unha contextualización das linguaxes de renovación estética que, dende Galicia ofreceron a súa propia visión da contemporaneidade, nun período no que a axitación das vangardas internacionais mudaron a relación da arte co mundo.

Facer e deixar de facer

No contexto da liña de colaboración entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, este catálogo documenta a exposición programada na Fundación Laxeiro como resultado do traballo de investigación dun grupo de artistas (alumnos e profesores) da Facultade de BB. AA…

Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro

Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.

III Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro

Programa de man da III edición do Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro que, nesta ocasión estivo dedicado ao concepto de música oikodynámica, acuñado polo compositor Javier Arias Bal. Ademais dos textos…

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo