The flickering darkness de Juan delGado
Por primeira vez móstrase en España este proxecto audiovisual que ofrece unha reflexión sobre a xestión alimentaria, mediante un audiovisual en tres canles gravado no mercado de Corabastos en Bogotá, o mercado máis grande de Latinoamérica.
A exposición “En tránsito” de María Galán viaxa a Oporto
o proxecto da artista viguesa viaxa a Oporto para amosar, ademais das obras que se viron na Fundación Laxeiro, novas obras que mostran a súa visión da paisaxe portuguesa
A caza de Elena Fernández Prada prorrogada ata o 30 de agosto
A caza é a primeira exposición individual de Elena Fernández Prada en Galicia, despois das individuais Viaje a Surinam en La New Gallery, Madrid, en 2012 e Buscando la felicidad no Centro Tomás y Valiente de Fuenlabrada, en 2014. A artista ven de participar na exposición colectiva titulada “Lo real maravilloso”, no (MOT) Museum of Contemporary Art Tokyo en Japón, ademais de estar presente tamén na exposición colectiva titulada “1915-2015, una relectura del siglo”, dentro do Festival SYMPHONOS que terá lugar os días 9, 10 e 11 de abril no Centro Cultural Conde Duque de Madrid.
Éxito de público na inauguración de “En tránsito” de María Galán
O pasado 30 de xaneiro inauguramos e exposición temporal titulada “En tránsito” de María Galán. Numeroso público achegouse á Fundación Laxeiro para participar no acto de inauguración
En tránsito, María Galán
María Galán presenta o seu proxecto sobre a paisaxe en movemento, mediante unha selección de 120 pinturas que se expoñen en forma de secuencia na sala de exposicións temporais da Fundación Laxeiro
Visibilidade mínima de Juan Adrio.
Inauguación: venres, 31 de outubro de 2014. Clausura: domingo 18 de xaneiro de 2015
Fausto Isorna. O ceo das ilusións e outras colaxes
O ilustrador e deseñador gráfico Fausto Isorna, presenta por primeira vez en Vigo, unha escolma dos seus colaxes na Fundación Laxeiro.
Arturo Souto. Nove óleos sobre lenzo.
Arturo Souto é o protagonista da segunda achega do ciclo Os Novos, organizado pola Fundación Laxeiro