"escultura" tag

Faílde. Anatomía da pedra

A Fundación Laxeiro trae a Vigo a exposición do único escultor pertencente ao grupo de Os novos e o único escultor que participou con Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Pesqueira e Manuel Prego de Oliver na exposición titulada Artistas Gallegos, na galería Velázquez de Bos Aires, en 1951, organizada polo Centro Gallego de Bos Aires.

Laxeiro en conversa. Un diálogo con artistas galegos contemporáneos

Afundación presenta este proxecto en colaboración coa Fundación Laxeiro no que se ofrece un diálogo múltiple entre a obra do Laxeiro máis experimental dos anos sesenta, coa obra de vinte e dous artistas galegos, pertencente ás coleccións Afundación, ABANCA, datadas a partir dos anos oitenta.

Mutación inducida, Silverio Rivas

O escultor Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) presenta Mutación inducida na Fundación Laxeiro, unha serie de traballos de pequeno formato que dan unha visión moi diferente da obra do artista, coñecido principalmente pola súa escultura pública de carácter monumental.

Traballos verticais de Juan Ortí

A terceira edición do ciclo Entre mares, trae á Fundación Laxeiro a obra do artista galego afincado en Valencia, Juan Ortí e leva a obra do vigués Ton Carbajo a Collblanc, espai d’art en Castelló.

Entre mares II, Vigo: Días futuros de Eduardo Alonso

Por primeira vez en Galicia, O artista cántabro afincado en Valladolid, mostra o seu traballo en forma de exposición individual, dentro do programa Entre mares que posibilita o intercambio entre artistas atlánticos e mediterráneos…

RADIADOR. Nova figuración en Galicia

Sería imposible intentar unha aproximación á figuración actual e, máis concretamente, á utilización de estratexias debedoras da tradición realista, sen ter en conta as aportacións de movementos e correntes como o surrealismo, a abstracción, o pop…

Diálogos, Ángel Garraza – Miguel Vázquez

Con esta iniciativa, a Fundación Laxeiro abre un capítulo na súa programación no que enfronta a obra de dous artistas para provocar unha comunicación, un diálogo entre dúas estéticas, no que o espectador terá ocasión de experimentar significacións diversas,…

Facer e deixar de facer

No contexto da liña de colaboración entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, este catálogo documenta a exposición programada na Fundación Laxeiro como resultado do traballo de investigación dun grupo de artistas (alumnos e profesores) da Facultade de BB. AA…

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo