IV Festival internacional de música contemporánea Fundación Laxeiro
Na presente edición, o festival está adicado á música galega e catalana, ofrecendo un programa que o primeiro día incorpora a ópera, da man da Compañía Acteón, coa obra para soprano, contratenor e música electrónica titulada Fragor, do compositor catalán Eduard Rresina, sendo a primeira vez que se pode ver esta interesante montaxe en Galicia.