"Colección permanente" tag
primeiro pano da colección permannte

Unha nova lectura da Colección permanente

A Fundación Laxeiro presenta unha nova proposta expositiva da coñecida Colección permanente, que muda o percorrido cronolóxico das obras, por unha disposición máis intuitiva, que combina estilos, linguaxes, xéneros e cronoloxía, ademais de incorporar documentación relativa á traxectoria artística de Laxeiro, unha liña de vida e unha sinalética renovada en galego, castelán e inglés.

Exposición danzada. Alt procrea en feminino

Exposición danzada é unha proposta multidisciplinar na que seis bailarinas contemporáneas de moi diferente formación e orixe, dialogarán co diversas obras de Laxeiro pertencentes á Colección permanente. A cita é o mércores, 11 de marzo de 2015 ás 20.30h

NOITE BRANCA NA FUNDACIÓN LAXEIRO. Venres, 8 de agosto

A Fundación Laxeiro participa na Noite branca dos museos de Vigo, o vinediro venres, 8 de agosto coa actuación de NARF e a organización dunha visita guiada á colección permanente

O alumnado de pintura da EMAO visitou a Colección permanente de Laxeiro e a exposición de Arturo Souto

continúa o programa de visitas guiadas. Os pasados 29 e 30 de abril, recibimos aos alumnos e alumnas de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

O Colexio Sagrada Familia de Aldán participa nas actividades Coñece a Laxeiro

As nosas actividades didácticas continúan a bo ritmo. Colgamos unhas imaxes da visita do Colexio Sagrada Familia de Aldán

Visitas guiadas

Comeza o programa de visitas guiadas á Colección permanente e ás exposicións temporais

Colección permanente

A Colección permanente da Fundación Laxeiro mostra un total de 64 obras, doadas polo artista á cidade de Vigo, a través das que se mostra a evolución da súa pintura ao longo da súa vida.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo