Ciclo de cine: O fantástico de andar por casa
Cando falamos de cine de ciencia ficción no seu sentido máis popular, a todos nos veñen á mente títulos como “Godzilla”, “A guerra das galaxias”, “Viaxe á lúa”, “Blade Runner” ou “Nosferatu”. Mundos futuros e fenómenos paranormais cheos de espectaculares e custosos efectos especiais. Isto ten pouco que ver co París que Godard converte en Alphaville, cidade do futuro dominada por unha misteriosa máquina Alpha 60, da que só vemos un ventilador cun sinxelo pero inquietante xogo de luces e voces distorsionadas. Esta particular e caseira visión do xénero fantástico permítenos meternos no denominado “cine de autor” dos anos sesenta fronte do “cine de productor” ou comercial, asociado ás produccións máis custosas da industria cinematográfica.