"Castelao" tag

Luís Seoane. 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación

A Fundación Laxeiro inaugura a exposición titulada 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación. Un proxecto producido pola Fundación Luís Seoane que, despois de verse na súa sé n’A Coruña, viaxa agora a Vigo onde se poderá visitar ata o 24 de febreiro.

Presentado o ciclo de conferencias “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega”

O pasado luns, 5 de novembro foi presentado o ciclo de conferencias titulado “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega. Orixe, contexto e transcendencia”. Un proxecto organizado pola Fundación Laxeiro en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

Presentación do libro “Do Idilio á diáspora” de Carlos López Bernárdez

O mércores, 25 de abril de 2012, tivo lugar a presentación do libro titulado Do idilio á diáspora, modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, escrito por Carlos López Bernárdez. Unha novidade editorial de Nigra Trea na que se fai unha análise interesante, amena e rigorosa, da evolución da plástica galega dende os albores do século XX até os anos cincuenta e unha contextualización das linguaxes de renovación estética que, dende Galicia ofreceron a súa propia visión da contemporaneidade, nun período no que a axitación das vangardas internacionais mudaron a relación da arte co mundo.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo