Reintegración. Miguel Pereira-Enrique Velasco

25.02.2004 – 25.04.2004

Sala B. Fundación Laxeiro
Comisario: Antón Castro

Reintegración amosa unha instalación feita polos artistas Miguel Pereira (Madrid, 1949) e Enrique Velasco (Pontevedra, 1957). 

Comisariada por Antón Castro, esta é unha proposta na que, mediante a combinación de dúas formas diferentes de creación plástica, proponse unha reflexión sobre os mecanismos da percepción humana e de cómo a partires dos estímulos externos e fragmentados recibidos polo noso aparato visual, o cerebro tende a relacionalos para construir un significado e, darlles así un sentido.

Miguel Pereira preséntanos unha embarcación tradicional desguazada en trinta pezas policromadas con pintura acrílica que se amosa espallada polo espacio expositivo, en contraste con imaxes da embarcación sen desguazar, que o artistas Enrique Velasco presenta en dous soportes: gravado sobre pezas de silicio e pintada con pintura fosforesecente en varias paredes da sala, utilizando un temporizador que apaga a luz cada 17 minutos para cambiar o espacio e viualizar únicamente a embarcación completa na escuridade.

Miguel Pereira procederá á clausura da exposición a unha serie de accións consistentes en botar en diferentes puntos do Atántico, parte das pezas da embarcación, coa data e lugar gravados en cada fragmento. Un acto simbólico e íntimo que o artista explica como unha necesidade persoal e unha volta ó mar do que o home rescata da natureza (a medeira) e manipula, entrando a formar parte da “cultura”, no sentido grego da “tecné”.

Enrique Velasco, pola súa parte, explica a súa intervención sobre o silico como unha incidencia na memoria. O silico ten capacidade de rexistro de feitos pasados. É como unha gravadora natural que “captura” de xeito silencioso os acontecementos fugaces que se perden no tempo para pasar a formar parte da “memoria”, neste caso, non só humana, senon tamén mineral.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo