Presentado o ciclo de conferencias “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega”

El Secretario Xeral de Cultura durante su intervención, acompañado de los Directores General y Artístico de la Fundación Laxeiro

O Secretario Xeral de Cultura durante a súa intervención, acompañado dos Directores Xeral e Artístico da Fundación Laxeiro

Un momento previo a la presentación. De izquierda a derecha: Carlos García-Suárez Otero, Director General de la Fundación Laxeiro; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura y Javier Pérez Buján, Director Artístico de la Fundación Laxeiro.

Un momento previo á presentación. De esquerda a dereita: Carlos García-Suárez Otero, Director Xeneral daFundación Laxeiro; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura e Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro.

De izquierda a derecha: X. Manuel López Vázquez, Francisco Durán, Anxo Lorenzo, Carlos García - Suárez y Javier Pérez Buján.

De esquerda a dereita: X. Manuel López Vázquez, Francisco Durán, Anxo Lorenzo, Carlos García – Suárez e Javier Pérez Buján.

El ciclo de desarrollará todos los martes del mes de noviembre, en la Facultad de Geografía e Historia, en horario de 18.00h. a 21.00h. Puedes consultar los contenidos en la portada de nuestra web. 

O ciclo desenvolverase tódolos martes do mes de novembro, na Facultade de Xeografía e Historia, en horario de 18.00h. a 21.00h. Podes consultar os contidos na portada da nosa web.

Un momento previo á presentación. De esquerda a dereita: Carlos García - Suárez Otero, Director Xeral da Fundación Laxeiro, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura e Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro.

Un momento previo á presentación. De esquerda a dereita: Carlos García – Suárez Otero, Director Xeral da Fundación Laxeiro, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura e Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro.

 

06.11.2012

Facultade de Xeografía e Historia da USC

O pasado luns, 5 de novembro foi presentado o ciclo de conferencias titulado “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega. Orixe, contexto e transcendencia”. Un proxecto organizado pola Fundación Laxeiro en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, no que se abordará o legado cultural e artístico do grupo coñecido como Os Renovadores da vangarda histórica galega e o seu contexto no ámbito internacional.

No acto participaron Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, Francisco Durán, Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, Carlos García-Suárez Otero, Director Xeral da Fundación Laxeiro, Xosé Manuel B. López Vázquez, director do ciclo e Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro.

O ciclo desenvolverase todolos martes do mes de novembro na Facultade de Xeografía e Historia, en horario de 18.00h a 21.00h. Podes consultar os contidos na portada da nosa web.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo