Presentación do libro “La luz estremecida” de Pedro Burgos Montero

O  venres, 29 de abril, ás 20.00h terá  lugar na Fundación Laxeiro (r/Policarpo Sanz, 15, 3º, Vigo) a presentación do último libro de Pedro Burgos Montero (Puertollano, Ciudad Real, 1955), titulado La luz estremecida que ven de ser publicado por Editorial Discursiva, con ilustracións de Amelia Palacios.

La luz estremecida é unha colección de haikus cunha clara orientación intimista, nos que o autor utiliza o formato breve e sintético desa forma poética xaponesa, para expresar impresións visuais, estados de ánimo, reflexións sobre o paso do tempo e sentencias sobre o sentimento amoroso, que alcanzan a máxima expresividade co mínimo de elementos verbais.

O libro está ilustrado con obras da artista Amelia Palacios (Pontevedra, 1986), cunha colección de delicadas abstraccións líricas nas que a mancha articula toda a composición, cunha presenza mínima da liña que é utilizada, máis que para delimitar a cor, para introducir un certo ritmo en cada obra.

A Editorial Discursiva nace en Vigo coa intención de dar cabida a voces heterodoxas, cun especial interese na  poesía. Ten publicados títulos de Pilar Pérez Abilleira, Juan Seoane e Carlos Lapeña Morón, dentro da colección Tintatinta, á que tamén pertence o libro que presentamos nesta ocasión. Tamén ten unha liña de ensaio que actualmente conta con dous interesantes títulos dos autores Joe Psicoppo e Modesto Bará Alvarez.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo