A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.
A Fundación Laxeiro está rexida por un padroado no que están amplamente representadas institucións galegas como o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Lalín, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, así como a familia do artista e diversas personalidades de relevancia no mundo cultural e empresarial galego.
Nacida co propósito de custodiar, conservar e difundi-la “Colección Permanente” que o artista de Lalín doara á cidade de Vigo, a Fundación Laxeiro aspira, ademais, a se converter nun espazo para a arte contemporánea e nun apoio para aos novos creadores, unha preocupación constante que Laxeiro expresou en numerosas ocasións, ó longo da súa vida.
Seguindo estas premisas de traballo, a Fundación centra as súas actividades en dúas direccións:
Difusión, conservación e catalogación da obra do pintor José Otero Abeledo, Laxeiro,
Apoio e difusión da arte contemporánea e dos novos creadores.
EQUIPO EXECUTIVO:
Director Xeral
Carlos García-Suárez Otero
Director Artístico
Javier Pérez Buján