Premio Laxerio 2005: Obra social de Caixanova

Caixanova. A Fundación Laxeiro recoñece o compromiso de Caixanova co apoio e difusión da arte e a cultura galegas.

 

Na Reunión anual ordinaria do Padroado da Fundación Laxeiro, celebrada o 23 de febreiro de 2005, acordouse por aclamación, conceder o Laxeiro 2005 a  Caixanova, como entidade empresarial pioneira no eido do Patrocinio Cultural en Galicia, con máis de 25 anos de apoio económico e organizativo ó mundo da Cultura nas súas diferentes manifestacións.

 

O Padroado entende que esta sensibilidade, demostrada durante todos estes anos, debería ser un modelo a seguir por parte do sector empresarial galego, que devolvería así á sociedade, en forma de servizo social e cultural, parte da riqueza que esa mesma sociedade lle brinda.

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo