Premio Laxeiro 2010: Xosé Neira Vilas

Galardoado por aclamación dos membros do Padroado da Fundación Laxeiro en Reunión Anual Ordinaria o 23 de febreiro de 2010.

Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Buenos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia, en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís SeoaneRafael Dieste, Ramón Suárez PicalloLorenzo VarelaRamón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas e co-director do periódico Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial Follas Novas para difundir o libro galego en América. Publica en 1960 o poemario Dende lonxe, e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vintedous anos. Dende 1983 ata que se xubilou, desempeñouse como redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros arredor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal do escritor, onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas.
Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.

Diversos momentos de relación de Laxeiro e Neira Vilas

1952. Coñécense na biblioteca do Centro Gallego de Bos Aires. Foron presentados polo poeta Emilio Pita. A súa procedencia común labrega e da comarca do Deza, pronto fixo que se entenderan ben. Comezaron a falar animadamente, primeiro na biblioteca, e logo nun café chamado Breogán e ese día amistaron de por vida.

Seguiron véndose con frecuencia no Centro Gallego, na Galería Velázquez, no café Iberia, lugar de reunión habitual do exilio republicano galego, no Centro Lucense, no Pontevedrés, no de Lalín, na Federación de sociedades gallegas…

1957. Víanse con frecuencia na casa de Neira, (Rúa asunción, 3035) constituída nese ano en sede da Ed. Follas Novas, creada por Neira Vilas. Moitos sábados pasaban por casa Laxeiro e Lala e pasaban veladas inolvidables.

1958. Anisia, a muller de Neira foi a casa de Laxeiro para mercarlle un cadro que quería regalarlle a Neira Vilas polo seu cumpreanos. Laxeiro díxolle que ela non tiña cartos dabondo para mercarlle un cadro, xa que nesa época, Laxeiro era un dos artistas máis cotizados en Arxentina. Regaloulle dous pequenos cadros que Neira aínda conserva.

1957. Laxeiro, a petición de Neira Vilas, ilustra Itinerario Gallego de Luis Molinari para a editorial Follas Novas.

1959. Trunfa a Revolución en Cuba. Laxeiro os chama e se xuntan para celebralo na casa de Neira. Neira aínda non coñecía Cuba. Laxeiro empezou falar dos seus recordos cubanos que Anisia (cubana de nacemento) comprartiu con emoción. Brindaron pola Revolución

1960. Aniversario do nacemento de Laxeiro. Laxeiro cumpre 50 anos e Anisia preparoulle unha comida homenaxe na casa de Neria e ela. Laxeiro contou hisorias de Cuba, do Madrid republicano e historias inventadas do Marquesado da Romea e do trasno Merlitil, ambos invención de Laxeiro. Regaloulles un debuxo.

1965. Invasión cubana. Neira e Misia ían tódolos días por casa de Laxeiro e Lala para escoitar as noticias da invasión nunha radio moi potente que tiñan.

1965. Cea de despedida organizada por Laxeiro, nun restaurante de Bos Aires. Estaban amigos como Maruxa e Luis Seoane, Lala e Laxeiro, Ramón de Valenzuela, Mireia e Antonio

Baltar, Carmen e Rafael Dieste, Marika e Lorenzo Varela, Isaac Díaz Pardo Núeñez Búa, etc. Foi a última vez que se viron en América.

Neira e Anisia saen para Cuba, animados por amigos com Seoane, Díaz Pardo, Dieste, Lorenzo Varlea e o propio Laxeiro.

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo