Premio Laxeiro 2008: Carlos Oroza

O Ministro de Cultura, Excmo. Sr. D. Cesar Antonio Molina, entregou, coincidindo co centenario do nacemento de Laxeiro, o premio LAXEIRO 2008 ao poeta Carlos Oroza.

Carlos Oroza naceu en Viveiro, Lugo, en 1933. Nos anos sesenta fíxose famoso no ambiente literario-poético grazas á realización de múltiples recitais por toda España, adscritos en forma e contido aos da Xeración Beat e segue sendo coñecido principalmente pola interpretación e performance da súa propia obra.
A súa heterodoxia e a pouca disposición a publicar, xa que se decanta pola oralidade, levárono tamén a formar parte dos excluídos pola súa heterodoxia a pesar de que escritores tan salientables como Manuel Rivas, o mencionan como o mellor rapsodo europeo.

Na década dos sesenta fundou, xunto a Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua, a revista Tropos.

Residiu despois uns anos en Estados Unidos e outorgóuselle en Nova York o premio internacional de Poesía Underground.

Actualmente reside en Vigo.

Oroza considérase un poeta nórdico que cobiza o afastado, a luz. Non só a luz do sol, senón tamén a luz do pensamento, do fósforo, do raio no bosque, a luz da imaxinación.

obra:

Eléncar, (1974)

Cabalum, (1980)

Alicia, (1985)

Una porción de tierra gris del norte (1996)

En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2005)

La llama prestada, (1998)

Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente (2006)

Enlaces de interese

http://poetas.poesiasalvaxe.com/2009/04/entrevista-con-carlos-oroza.html

http://carlosoroza.blogspot.com/

http://www.xornal.com/artigo/2010/01/17/suplementos/contexto/carlos-oroza-poesia-no-vocacion-fatalidad-escoge-victimas/2010011700461400203.html

http://www.youtube.com/watch?v=-goQnonQHKk

http://galovart-fotografia.blogspot.com/2007/03/carlos-oroza.html

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/11/07/0003_8089797.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/11/12/0003_8101362.htm

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Os/preferidos/das/deusas/elpepuespgal/20070216elpgal_29/Tes

http://www.tendencias21.net/El-escritor-Manuel-Rivas-inaugura-el-ciclo-Palabras-en-la-Isla-del-Pensamiento_a4900.html

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo