Obradoiros con Cristina F

16.02.2012

Sábado 25 de febreiro de 12.00h. a 13.00h.
Sábado 3 de marzo de 12.00h a 13.00h.
Entrada libre
Reserva a túa praza. 986-438475 info@laxeiro.es
Aforo limitado

A autora de contos infantís e ilustradora Cristina F desenvolverá dous obradoiros co gallo da súa exposición temporal na Fundación Laxeiro. Neles, os rapaces e rapazas participarán na realización de obras para a exposición, mediante a técnica de collage.

Se queres particpar só tes que chamar á Fundación Laxeiro de luns a venres en horario de 10 a 14.00h. ou enviar un correo electrónico a info@laxeiro.es e dar os nomes dos rapaces participantes. apúrate porque o aforo é limitado !!!

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo