O artista Antonio Nodar, leva o seu proxecto from portrait to self-portrait á Fundación Laxeiro

O martes, 3 de xuño, de 11.00 a 13.30h e de 18.00 a 20.30h a Fundación Laxeiro será o escenario elixido polo artista Antonio Nodar para proseguir co seu proxecto From portrait to sel-fportraitconsistente na realización de retratos fotográficos de artistas para, unha vez realizados, entregarllos a cada un deles, para que o interveñan. O resultado final constituirá The Galician Album, e reunirá os retratos fotográfico orixinais e as intervencións que cada artista fixo deles. Este resultado será exposto en outono no Museo de Arte contemporáneo Gas Natural Fenosa de A Coruña. O proxecto comezou en 1996 e conta xa con diversas series ralizadas ao redor do mundo.

Todolos artistas que queiran participar, non teñen máis que pasarse pola Fundación Laxeiro (R/Policarpo Sanz, nº15, 3º, 36202 Vigo, nos horarios indicados máis arriba.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo