Materialización

11.02.2011 – 23.05.2011

Sala B. Fundación Laxeiro
11 de febreiro – 15 de maio (prorrogada ata o 22 de maio.)
MÓNICA ORTÚZAR – ELENA MENDIZÁBAL – ANA GESTO
SOL ALONSO – IGNACIO BARCIA – PABLO HUERTAS – PELLO MITXELENA

Colabora Universidade de Vigo – Universidade do País Vasco

PRESENTACIÓN

Co título Materialización, a Fundación Laxeiro inaugura esta exposición que é o resultado do traballo de investigación dun grupo de artistas, membros das Universidades de Vigo e o País Vasco, que levan oito anos traballando en equipo, ao redor da idea de pensamento/creación/materialización.

Para estes artistas, la materialización da obra de arte supón unha forma de resistencia na que, máis alá da fisicidad do obxecto artístico, dáse un feito comunicativo entre el autor, la obra e o receptor/espectador. Neste feito comunicativo é onde a materialización do pensamento ten sentido e, ao mesmo tmpo, onde o obxecto artístico muda en algo máis que un obxecto material, en algo que poderíamos definir como un contenedor de significado ou un transmisor de contidos que posibilita a experiencia estética.

En palabras dos artistas: “este proxecto parte da identificación das relacións entre a materialidade, a forma e a representación, o seu modo de crear unha unidade, algo interdependente e inseparable”.

Esta idea de partida é abordada por os sete artistas participantes desde a diferenza de cada un dos seus traballos e é precisamente esta diferenza o elemento que dota á exposición dunha interesante diversidade nas solucións propostas á mesma formulación teórica. Vídeo, fotografía, escultura e debuxo son as técnicas a partir das que desenvolven un discurso persoal que, na posta en común da exposición, adquiere un interese que vai máis alá da suma de cada traballo, para conformar unha propota conxunta e  unha nova lectura.

Despois da exposición de escritos de Laxeiro, a Fundación Laxeiro inicia a súa programación 2011 achegándose aos ámbitos máis experimentais da arte do noso tempo, seguindo o seu compromiso programático de conectar a revisión de diferentes aspectos da nosa vangarda histórica coa análise e a investigación das expresións artísticas que se producen no noso presente, cun claro aspecto investigador e experimental.

Neste contexto, a Fundación Laxeiro continúa coa súa política de colaboración co ámbito universitario e a investigación artística, ampliando por primeira vez esta colaboración á Universidade do País Vasco.
OS ARTISTAS

Sol Alonso é Licenciada e Doctora en Belas Artes por a Universidade Complutense de Madrid, Actualmente exerce como Profesora titular do Departamento de debuxo da Universidade de Vigo. Participou en numerosas exposicións dentro do ámbito audiovisual, entre as que destacan Film/Video no Centrum SztuKi Wspólczesne Zamek Ujazdowski, en Varsovia, Polonia, no ano 2003; Miedo Commonplace, un proxecto levado a cabo para a XII Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira, en Portugal, tamén en 2003 e a que foi a primeira fase da exposición que hoxe presentamos: Resistencia y Materialización, na Universidade do País Vasco, en 2010. Comisariou Grafos y Matemas para a XIV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira en 2007; Dame una buena Razón para no vaciar el corazón de todos sus unos y ceros, na Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia, en Pontevedra, en 2009.  

A súa obra parte da certeza de que toda imaxe videográfica é unha construción e por tanto, un dispositivo concibido artificialmente para a representación. Partindo dsta premisa, Sol Alonso proponnos unha obra audiovisual centrada na captación do que ela denomina o campo ausente, ese lugar onde a obra inicia a súa materialización e, por extensión, a súa representación. A negación da visibilidade doobjecto artístico e a observación da súa ausencia, obríganos a focalizar ese espazo valeiro, ese campo ausente que, a partir dese momento, pasa a ser ese espazo onde se inicia a obra de arte. Con este recurso, o espectador vése na obriga de decodificar a ausencia, dotándoa de novos significados e, por tanto, mudándoa nun espazo visual que, en si mesmo, cárgase de significación.

Pablo Huertas (Pontevedra, 1984). É licenciado en BB.AA. por a Universidade de Vigo. Participou en exposiciones colectivas como Resistencia y Materialización, en 2010, na Universidade do País Vasco, Gz Crea 2008, na Casa da Parra de Santiago de Compostela en 2009; Artista seleccionado en Novos Valores da Deputación de Pontevedra, na súa edición de 2008. Participou tamén en Afinidades selectivas, realizada na Casa Galega da Cultura en 2007 co comisariado de Susana Cendán; e o proxecto expositivo titulado As novas cruzadas, na XIV Bienal de Vila Nova de Cerveira, Portugal, tamén en 2007; El ama de casa pervertida, co artista Cris Carvalho, na VI Edición del Premio Auditorio de Galicia de Santiago en 2009 e 2010; Novas da Negra sombra no Centro de Arte Joven de Madrid e o Museu Nogueira da Silva, en Braga, Portugal.

O seu traballo parte do cotián para mostrarnos unha visión irónica e ás veces cruel, das diferentes situacións nas que nos vemos envoltos no noso día a día. Técnicamente interdisciplinar, Pablo Huertas, aposta por unha obra na que o concepto dematerialización está ligado á idea de inmediatez e estrañamento do cotiá. E, no caso da obra que presenta na exposición, o vídeo tituladoAna Belén, propón, mediante o recurso do apropiacionismo cinematográfico (concretamente da película de 1965 titulada Zampo y yo) un discurso acerca da construción da ficción do personaxe Ana Belén por medio dunha estratexia de fixación do nome respecto á imaxe, utilizando soamente as imaxes do film nas que se pronuncia o nome da artista.

Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978). É Licenciada en Belas Artes por a Universidade de Vigo. Foi seleccioada na edición 2008 de Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Tamén participou en exposicións como Chámalle X na Sala X de Pontevedra en 2008. Realizou unha comentadísima performance para a exposición de Jannis Kounellis na Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, tamén en 2008. Neste mesmo ano tamén participou no I Encuentro de Performance, Ex Convento de Santo Domingo, Santa Cruz de Tenerife, 2008 e en 2009 participou en Arrt d’Accció, organizado por o Centro de Cultura Contemporánea de Valencia.

Performer e artistas visual, o seu traballo, a medio camiño entre a performance e o vídeo, é debedor de toda a tradición audiovisual do rexistro de accións, iniciada nos anos sesenta con artistas como V. Acconci, Ana Mendietta ou, máis recentemente, Francys Alÿs. Trátase por tanto dunha artista que centra os seus intereses audiovisuais no potencial escénico e documental do medio performático, ao tempo que realiza incursións en linguaxes escultóricas, sempre desde unha perspectiva de intervención no espazo público que resulta o ámbito onde desenvolve a meirande parte das súas accións. Desenvolve a súa obra aorredor das prácticas culturais e sociais, abordando a súa identidade cultural de forma apaixoada, anque non exenta de certa perversión.

Pello Mitxelena é Licenciado en Belas Artes por a Universidade do País Vasco, onde desenvolve a súa actividade como Profesor titular no Departamento de Escultura. Participou en exposicións colectivas como a Muestra de Arte Joven, no Museo español de Arte Contemporánea de Madrid, en 1991 // Ganadores XXXII Certamen de Artistas Noveles de San Sebastian, tamén en 1991 e a exposición titulada Al Raso, na Fundación La Caixa, itinerante que se puido ver en Barcelona e Madrid, en 1991 e 1992; Tamén en 1992 participou na mostra titulada Hacer la imagen, na Galería Buades de Madrid, galería coa que participou na Feira Art Bassel, tamén en Basilea, 1992; Germinations VII, Le Magasin (Grenoble)/Kunstforeningen, Kophenage, 1993 e XX Premio Bancaixa de pintura e escultura, en Valencia en 1993.

Continuador da potente xeración de escultores vascos que a principios dos anos oitenta aportaron novas propostas á expresión plástica volumétrica, Mitxelena desenvolve un traballo no que mostra unha gran sensibilidade no tratamento de materiais e texturas (quizais o aspecto que máis o identifica coa escultura vasca) e, ao mesmo tempo, unha forte carga conceptual. Unha combinación de premisas que lle posibilitan realizar unha obra rica en significados e moi potente na súa resolución formal, chea de suxestións e múltiples lecturas, a partir das que, neste caso, aborda o problema da materialización.

Ignacio Barcia (Madrid, 1960). É Licenciado en Belas Artes por a Universidade Complutense de Madrid e Doctor en Belas Artes por a Universidade de Salamanca. Actualmente desenvolve o seu labor docente como Profesor titular de Escultura da Universidade de Vigo. Ademais de participar en numerosas exposicións colectivas, realizou diversas exposicións individuais, entre as que destacan: Galería EGAM, Madrid en 2007 2000; Galería Caracol, Valladolid, en 1999, Galería Angels de la Mota, en Barcelona, 1996; Galería Delpasage, Valladolid, 1995; Jorge Kreisler-Galería de Arte, Madrid, 1992, Galería Rafael Ortiz, Sevilla, 1992, etc.

O seu traballo distínguese por un forte compromiso coa tradición conceptual que el revisa desde unha formulación de economía da linguaxe, conseguiendo uns resultados de gran contundencia plástica.

Elena Mendizábal. Licenciada en Belas Artes por a Universidade do País Vasco, onde imparte clases desde 1986. Da mesma xeración que Juan Luis Moraza, Mª Luisa Fernández e Txomin Badiola, Elena Mendizábal iníciase na arte conceptual, achegándose progresivamente á esfera de Jorge Oteiza, o que a conduce de volta á materialidade, ao construtivismo, e aos intereses metafóricos enarrativos. As súas obras enmárcanse na Nova Escultura Vasca xunto a Pello Irazu, e os anteriormente citados. Utiliza con desenfado a yuxtaposición de elementos como o ferro, a madeira, a luz eléctrica, así como a cor, creando formas obxectuais que perden o medo á escultura tradicional, ubicándose nas paredes como si fosen pinturas, e que ao tempo recrean un mundo evocador e poético que non dubida en recurrir ao kitchou á extración do cotiá. Destacan as súas exposicións individuais na Aula de Cultura da CAM de Bilbao (1985), Casa de Cultura do Concello de Basauri (1986), Sala de Exposicións da Fundación Caixa de Pensiones, Barcelona (1989) e Galería Berini, Barcelona (1990). (Texto: Leire Macazaga Lanas)

Mónica Ortúzar. Licenciada eDoctora en Belas Artes po a Universidade do País Vasco e Profesora titular do Dpto. de Escultura na Universidade de Vigo, Mónica Ortúzar foi II Premio de escultura “Gure Artea” do Goberno Vasco en 1998. Realizou numerosas exposicións individuais, entre as que destacan Membrana, na Casa das Artes de Vigo en 1996; Archivo, na Torre de Ariz de Basauri, no ano 2000; Levitante, Museo de Arte e Historia de Durango en 2004 eWinterreise na Galería Juan Manuel Lumbreras de Bilbao en 2005. Tamén participou en diversas exposicións colectivas, comoSon Delas, itinerante por varias cidades de Galicia durante 2002; MAF

Os intereses de Mónica Ortúzar parten do cuestionamiento da noción de obra de arte e, a través do debuxo, a instalación ou a escultura, incide sobre a materialización do feito creativo, nun doble xogo consistente na utilización de técnicas e soportes artísticos convencionais, para realizar unha obra que está sempre no límite do que convencionalmente se considera comoartístico.

A EXPOSICIÓN

A montaxe desta mostra na cidade de Vigo supón unha segunda fase expositiva do traballo continuado que este grupo de artistas levan a cabo desde 2002. Nunha primeira fase, concretada na exposición titulada Resistencia e materialización, realizada en 2010 na Sala de exposicións do Campus de Leioa, da Universidade do País Vasco, os artistas centráronse na noción de Resistencia como consecuencia da actividade creativa, nesta segunda entrega que supón a exposición en Vigo, os artistas centráronse nos procesos da materialización da actividade creativa e en como eses procesos son, en última instancia, un segundo estadio desa Resistencia. Unha resistencia que eles propoñen como resposta á tendencia de uniformización do pensamiento, característica da nosa sociedade actual, dominada por a economía global e, por tanto, por unha tendencia cara á xeración de contidos valeiros, facilmente convertibles en mercadoría e totalmente afastados da xeración de pensamento crítico.

O proceso creativo devén así en elemento liberador non so para o creador, senón tamén para o observador/espectador que, coa súa participación na exposición, é, en última instancia o elemento transmisor dunha cadea de resistencia que se instala así na cidadanía e aporta (pequenas) alternativas a esa uniformización do pensamiento que se configura como a única alternativa de construción/destrución da propia identidade, na que existimos en tanto que consumimos.

Quizá un dos maiores atractivos da mostra resida na oportunidade de contemplar nun mesmo espazo e tempo a confluencia do traballo destes sete artistas que, desde a heteroxeneidade de linguaxes, reflexionan sobre un mesmo tema, suxerindo camiños diversos para a reflexión e invitando ao observador/espectador a buscar tamén o seu propio camiño.

A exposición poderá visitarse hasta o 15 de maio

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo