Laxeiro, obra gráfica

14.07.2000- 03.09.2000
Laxeiro, Obra Gráfica. Unha exposición composta por dúas edicións de gravados: Caos Armonía e Homenaje.

CAOS ARMONÍA
Composta por doce litografías directamente realizadas sobre a plancha por Laxeiro no ano 1976, forman o volumen nº 18 da colección titulada Tiempo para la alegría. Esta carpeta foi editada en Madrid por Díaz Casariego. Unha obra que se completa con poemas de Rodolfo Relman quen, inspirado no haicu xaponés, compón un total de vinteún poemas cargados de intensidade.

HOMENAJE
Tres augafortes realizados en Vigo en 1996 polo gravador Raimundo Orozco, que teñen unha especial significación ó ser a derradeira edición gráfica de Laxeiro. Editada de forma póstuma, o pintor só puido asinar un dos tres gravados, ó falecer durante o proceso de edición.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo