Laxeiro, el Carnaval de las Formas

09.05.2003 – 06.06.2003
Instituto Cervantes. Lisboa
Producción: Fundación Laxeiro
Patrocinio:
Consellería de Cultura. Xunta de Galicia
Fundación Caixa Galicia
Fomento de Construcciones y Contratas

A mostra utiliza a peza Autorretrato de 1952, como inicio dun percorrido pola pintura do artista a partir do anos cincuenta, deixando constancia de coincidencias con movementos cohetáneos como o grupo CoBrA, o informalismo ou os Novos Salvaxes alemáns.

Estas similitudes con outros movementos europeos e americanos, deixan boa constancia da posición estética do artista galego, que se afasta das influencias mediterráneas de certos aspectos da pintura española, para converterse no último bastión xeográfico, cara ao sur, da iconografía atlántica, moito máis salvaxe e desmesurada, contribuíndo así á creación dunha estética contemporánea á que non pouco lle deberán mivimientos posteriores como o Grupo Atlántica que nos anos oitenta, reivindicou a figura do artista como enlace histórico coa tradición pictórica galega.

A exposición, formada por pezas procedentes de coleccións particulares, da Colección Caixagalicia, do Museo de Pontevedra, a Colección Permanente da Fundacion Laxeiro e a Colección do Museo Quiñones de León, ten o interese engadido de que mostra algunha obra inédita ata a data que queda referenciada ademais, no interesante catálogo editado pola Fundación Laxeiro para a mesma, cun texto do comisario da exposición e director da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo