Laxeiro, debuxos inéditos II

11.10.2003 – 07.12.2003
Sala B. Fundación Laxeiro
Comisario Javier Pérez Buján

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Laxeiro presentou unha exposición na que se amosan pezas que por primeira vez poden ser contempladas polo gran público. Formada por debuxos procedentes de coleccións particulares, froito do traballo de catalogación que a Fundación está a levar a cabo desde o ano 2000, a mostra está composta de trinta pezas pertencentes á súa primeira época.

A exposición está estructurada en dúas partes: a primeira que recolle debuxos e bocetos da década dos anos trinta, un tempo decisivo na súa traxectoria, tanto vital como artística, xa que nestes anos organizou a súa peimeira exposición individual, coñeceu a compañeiros de xeración, como Seoane e Maside, participou na Guerra Civil, onde trabaría amizade con Celso Emilio Ferreiro, viaxaría a Madrid, para estudar na Academia de San Fernando, casaría, e tería a súa filla. Unha década chea de vivencias plásticas e vitais que iría conformando a súa personalidade e na que se afirmaría como unha das figuras fundamentais da Renovación plástica galega.

A segunda parte da mostra, está centrada en pezas pertencentes á década dos anos corenta, na que a súa versatilidade debuxística acada momentos interesantes, tanto no traballo retratístico que o artista traballou durante toda a súa vida, como abordando outros temas, sempre relacionados co mundo da cotidianeidade, combinados con apuntes e retazos de elementos do pensamento máxico tradicional que tan ben soubo reflectir na súa obra maior.

Maternidades, personaxes da vida cotiá, paisaxes rurais, retratos e algún tema relacionado co mar, producto da súa estadía en Vigo a partir do ano 1942, completa a temática da Mostra. É curioso comprobar de primeira man, como o artista traballaba o que logo serían cadros sobre tela, combinando a espontaneidade do seu xeito de debuxar, sempre resolutivo e rápido, con reflexións na busca de resolución de problemas técnicos.

Nestes debuxos hai xa exemplos de influencias do Picasso da época neoclásica, tan fundamental na consecución da súa “estética granítica”, así como bocetos de cadros tan senlleiros como “Entroido” do ano 1947 que se pode ver no Museo Maside en Sada.

Con esta mostra, a Fundación achéganos ó aspecto máis íntimo do Mestre de Lalín, o debuxo sobre papel, mediante a aplicación de tintas, lapis ou sanguina. Unha das técnicas que Laxeiro máis utilizou, quizais ben coñecida polos afeccioados máis achegados á figura do artista, pero non demasiado familiar para a marioría do público.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2018 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo